entremés
(< cat entremes)
-
s
m
[ALIM]
Prato lixeiro que se serve antes da comida, ou dos pratos principais, que se toma normalmente dun xeito informal namentres esta non se serve, e que se compón de alimentos variados, como embutidos, friames, ensaladas, etc. OBS: Emprégase habitualmente en plural.
Ex: Mentres non traen a cea tomaremos uns entremeses variados.
Sinónimos: entrada, entrante. Confrontacións: aperitivo. -
s
m
-
[MÚS]
Divertimento musical que se intercala a miúdo, dende finais do s XVI, entre os actos dunha ópera.
-
[ESPECT]
Peza teatral menor que se compoñía para ser representada en festas e celebracións da realeza ou da nobreza, particularmente nos territorios do Reino de Aragón e nas cidades de València e Zaragoza. Co tempo esas escenas incorporaron acción, diálogos e unha maior dimensión popular, ata dar lugar a unha representación de carácter cómico e burlesco que se intercalaba nas transicións dos espectáculos de maior duración, e que gozou de moita popularidade ata principios do s XX. Tradicionalmente, distinguíanse diferentes tipos de entremés, sendo os máis coñecidos os de enredo, baseados na potenciación da intriga; de costumes, orientados a mostrar unha determinada realidade sociocultural; e de figuras, que recrean tipos e personaxes característicos dunha sociedade determinada ou dunha época concreta. Outro dos trazos máis significativos é a utilización do verso e da combinación de dúas ou tres tipoloxías métricas, e na mestura de diálogo, canto, danza, baile e unha xestualidade relacionada coa tradición cómica popular, moi esaxerada e, en ocasións, bastante codificada. No seu desenvolvemento, o entremés coñeceu diversas épocas, denominacións e derivacións, como é o caso do sainete, que reflicte as transformacións que se van producindo nas súas temáticas, na súa dimensión formal e estilística e na súa finalidade crítica. Entre os seus cultivadores figuran Lope de Rueda, Juan de Timoneda, Miguel de Cervantes, Agustín Moreto, Quiñones de Benavente, Ramón de la Cruz, Carlos Arniches ou Serafín e Joaquín Álvarez Quintero. En Galicia temos exemplos como o Entremés do portugués, de mediados do século XVIII ou o Entremés de Bora, de principios do s XX.
-
[MÚS]