entrega

entrega

(< entregar)

  1. s f

    Acción de entregar ou entregarse.

    Ex: Mañá é a entrega das chaves do piso. Non sei qué poñerme para a entrega de premios.

  2. s f

    Interese ou vontade que mostra alguén cando fai algo.

    Ex: A entrega que tivo coa súa familia é digna de admiración.

    Sinónimos: dedicación. Confrontacións: consagración.
  3. s f

    Parte dun libro, de varias que o compoñen, que se publican sucesivamente e por separado.

    Ex: Xa teño a primeira entrega da enciclopedia.

    Confrontacións: fascículo.
  4. s f [ARQUIT/CONSTR]

    Parte dun perpiaño ou madeiro que se incrusta na parede.

    Confrontacións: entrada.

Frases feitas

  • Por entregas. Que sae publicado por partes de maneira periódica.