fascículo

fascículo

(< lat fascicŭlu)

  1. s m

    Cada un dos cadernos formados por un curto número de pregos impresos dunha obra, que se publican e venden por partes de forma periódica.

    Ex: Merquei os fascículos sobre literatura que anunciaban na tele.

  2. s m [BOT]

    Conxunto de follas, fibras, flores, etc, que forman un grupo compacto en forma de feixe.

  3. s m [ANAT]

    Conxunto de fibras nerviosas ou musculares que xeralmente teñen a mesma función. No músculo, os fascículos están separados mediante vaíñas aponeuróticas.