saída
(
-
s
f
Acción e efecto de saír.
-
s
f
Momento en que se sae.
Ex: Chámote á saída.
-
s
f
Lugar por onde se sae.
Ex: A saída estaba vixiada pola policía.
Antónimos: entrada. -
s
f
Lugar de partida dunha carreira ou competición.
Ex: A saída da carreira estaba na praza da vila.
Antónimos: chegada, meta. -
s
f
Pensamento agudo, enxeñoso e sorprendente.
Ex: Este rapaz ten cada saída!
Sinónimos: ocorrencia. -
s
f
Solución a unha situación agoniante ou conflitiva.
Ex: O seu problema non ten saída.
-
s
f
Posibilidade de venda dalgún produto.
Ex: Eses aparatos xa non teñen saída.
-
s
f
Desprazamento planificado cara a un lugar diferente do de residencia.
Ex: Fixemos unha saída co colexio.
Confrontacións: excursión. -
s
f
[XOGO]
Movemento inicial en determinados xogos.
Ex: Tiven unha saída moi boa nesta partida.
-
s
f
[FÍS]
Circuíto por onde se extrae o sinal nun aparello electrónico.
-
s
f
[ECON]
-
Partida de descarga dunha conta.
-
Transferencia, por parte da empresa, dun saldo debedor cara ao exterior.
-