"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de viño fabricado en Jerez, similar aos de Montilla, de cor ámbar, que escurece co tempo. A gradación oscila entre 16° e 18°, pero pode chegar aos 20°, e incluso ata os 24° en casos excepcionais.
-
PERSOEIRO
Físico francés. Está considerado o precursor dos traballos de Gay-Lussac ao afirmar, un século antes ca el, a existencia dun estado de repouso absoluto localizado a unha temperatura equivalente a uns -240° da escala Celsius. Precursor, tamén, de Coulomb no estudo da resistencia ao frotamento entre dous corpos. Mellorou a exactitude dos aparellos existentes para medir presións e temperaturas. Converteuse en membro da Académie des Sciencies no ano 1699.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Facerlle engurras a algo por falta de coidado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que amortalla, que se dedica a amortallar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de amortallar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Envolver un defunto na mortalla.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Tarragona (1.667 h[1996]). O territorio esténdese pola parte deltaica do Ebro. Cultivos de arroz, oliveira, alfarrobeira e amendoeira, en sequeiro. Economía de servicios e pesca. Ten infraestrutura turística. Atópase na entrada do porto natural da Ampolla, o porto do Fangar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de moluscos gasterópodos da subclase dos prosobranquios, que viven nas augas doces das rexións tropicais e que poden vivir fóra da auga na estación seca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pechar cunha muralla unha cidade, unha vila, un castelo ou calquera edificación que se queira protexer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista periódica especializada en haxiografía que publica de xeito anticipado os resultados das investigacións que aparecerán definitivamente nas Acta Sanctorum. Contén así mesmo un amplo repertorio bibliográfico.
-
-
Ferir cunha navalla ou outra arma branca.
-
Dar forma de navalla a algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tivo lugar no verán do 825 en Anceu (Ponte Caldelas). Nesta batalla enfrontáronse as tropas cristiás de Afonso II o Casto coas musulmanas de Abd al Rahman II, dirixidas por Mälik e Al-Abäs -irmáns da estirpe dos Quraisies-. Os obxectivos das forzas musulmanas centráronse en atacar o territorio galaico, procurando a conquista da zona lucense para acadar así unha superficie de dominio que impedise as comunicacións e contactos entre Asturias e Galicia. Partindo con cadanseu exército, Mälik de Coimbra e o seu irmán de Viseu, ascenderon pola costa seguindo a vía romana que cruzaba o Miño por Tui, para tomar logo unha secundaria que se dirixiría a Lugo polo interior. A batalla debe situarse nun contexto máis amplo caracterizado pola independencia do Emirato de Al-Andalus, que procuraba ampliar os seus dominios cara ao N peninsular (Batalla de monte Cubeiro, de Araba, etc), no mundo islámico, e a integración e consolidación da monarquía galaico-astur. De feito, a ameaza real que supuxo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘alpargatas’.
-
ILLAS
Arquipélago, no océano Índico, que forma parte do territorio de Andaman e Nicobar, India. As illas (máis de 200 aliñadas de N a S) son os cumios dunha cadea montañosa afundida, continuación do cordal do Arakan de Myanmar (antigamente chamado Birmania). Quedan nas illas uns poucos nativos, chamados negriños. Port Blair, na illa Dakshin, é a cidade principal que funciona como centro de comunicación do grupo insular.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Andias.
-
CAPITAIS
Capital do Principado de Andorra (21.984 h [1995]). Está situada no amplo val central, de orixe glacial, atravesado polo Valira. A súa actividade económica derivada do turismo e do comercio, actividades que adquiriron forte pulo logo da Segunda Guerra Mundial. Entre o seu patrimonio cultural cómpre salientar a Casa de la Vall, exemplo de arquitectura mixta de uso civil con atributos defensivos de tradición medieval e decoracións murais de tema relixioso.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da comunidade autónoma de Navarra, na comarca da Ribera de Navarra (2.511 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Ilas dos Estados Unidos, no centro do arquipélago das Aleutianas. As illas principais son, de O a L, Tanaga, Kanaga, Adak, Atka e Amlia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Capelán da condesa María de Champaña. Por encargo seu escribiu en latín, no último terzo do s XII, o tratado De amore (‘Sobre o amor’), testemuño dos costumes morais da época que gozou de moita aceptación na literatura medieval.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Tripa gorda do porco coa que se fan as morcillas. OBS: A diferenza entre a androlla e o botelo está en que no botelo se utiliza o bandullo para o recheo, e na androlla a tripa gorda.
-
Embutido feito coa tripa gorda do porco que leva ósos, costela e carne picada e adubada con pemento, allo e loureiro. A androlla máis popular en Galicia é a de Viana do Bolo, onde recibe este nome a tripa máis gorda, correspondente ao cego, chea de costela de porco ben picada, adubada e curada ao fume. É unha comida típica dos días de Entroido na Galicia interior. O Concello de Viana do Bolo creou en 1970 a Festa da Androlla, de carácter gastronómico, que se celebra o domingo de Entroido.
-