"rot" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 672.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á palabra que ten o ton ou acento de intensidade na segunda sílaba.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alteración do pulso que consiste na palpitación dunha segunda onda, que ten relación co pechamento da válvula aórtica. É perceptible en certos estados morbosos con tensión arterial baixa.
-
PERSOEIRO
Escritor, filósofo e enciclopedista francés. De familia pequeno burguesa, estudiou no colexio dos xesuítas da súa cidade natal onde foi tonsurado en 1726. Cara ao 1728 abandonou a carreira eclesiástica e marchou a París, onde obtivo o título de mestre en artes da Universidade en 1732. Entre 1733 e 1742 traballou en diferentes empregos, levou unha vida bohemia e entrou en contacto coa intelectualidade do seu tempo. A súa andaina intelectual comezou cunha serie de traducións de obras inglesas contemporáneas: Histoire de Grèce (Historia de Grecia, 1742), de Temple Stanyan; Ditionnaire de médecine (Dicionario de medicina, 1744) de Robert James, en colaboración con outros tradutores; e Essai sur le mérite et la vertu (Ensaio sobre o mérito e a virtude, 1745), de Shaftesbury. En 1747 o editor Le Breton encargoulle a tradución francesa da Cyclopaedia (1728) inglesa de Ephraim Chambers. Diderot, en colaboración co matemático Jean-Baptiste le Rond d’Alembert, converteu ese proxecto nunha...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos ácidos capaces de perder dous átomos de hidróxeno. Un exemplo é o ácido sulfúrico (H2SO4).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos marsupiais herbívoros, de ata 3 m de lonxitude, provistos de patas plantígradas, propios do Pleistoceno. Os xacementos máis importantes están no S de Australia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modificación cuantitativa ou cualitativa das proteínas do plasma sanguíneo. Algúns procesos patolóxicos poden afectarlles directamente aos órganos e ás células formadoras dalgunha proteína e dar lugar a unha disproteinemia primaria ou específica. Nalgúns casos, estas afeccións son conxénitas e tradúcense nunha falta total, ou case total, da proteína correspondente. Os trastornos xenéticos ou as posibles mutacións poden conducir á aparición no plasma de proteínas anómalas. Finalmente, unha gran cantidade de procesos patolóxicos poden producir modificacións de diversas proteínas plasmáticas e dar lugar a unha disproteinemia secundaria.
-
PERSOEIRO
Santa mártir. De familia patricia, era filla dun senador da Capadocia. Morreu decapitada baixo o mandato de Diocleciano no 304. É patroa de floristas e xardineiros. Na iconografía viste túnica e palio coma as doncelas romanas, ás veces cunha coroa de flores, e leva como atributo unha cesta de flores e froitas. Santa Dorotea é titular da parroquia de Folgoso, concello de Abegondo. A súa festividade celébrase o 6 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do grego Dορό ϴ ευς (para o masculino) e Dορό ϴ εα (para o feminino) -formas compostas de δ ῶ ρον ‘don, ofrenda’ + ϴ εός ‘deus’-, latinizados en Dorótheus e Dorothea, co significado ‘don de Deus’, igual que Dositeo e Teodosio. Presenta os hipocorísticos Dora e Tea. Hai varios santos mártires con este nome, pero a de maior tradición é santa Dorotea (ss III-IV), virxe mártir turca, que se celebra o 6 de febreiro.
-
PERSOEIRO
Pintor romano. Nerón encargoulle unha copia da Afrodita Anadiomena de Apeles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que provoca o aborto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da técnica que trata da aplicación práctica dos fenómenos eléctricos e magnéticos e das relacións entre eles. Como toda ciencia de aplicación, naceu coa era do maquinismo e da renovación técnica. En primeiro lugar hai que mencionar os fenómenos electrostáticos, que transforman a enerxía propia das cargas eléctricas en repouso en esforzos mecánicos de atracción (se son de signo diferente) e de repulsión (se son do mesmo signo). Estes fenómenos presentan diversas aplicacións prácticas, como a desviación dos raios catódicos nun tubo de baleiro, que entran de cheo no campo da electrónica. Outra aplicación importante dos fenómenos electrostáticos é a fabricación de condensadores. No eido da electricidade en movemento, existen moitos obxectos que utilizan a corrente eléctrica, que produce efectos de diversos tipos, xa sexan químicos, caloríficos ou magnéticos. Os primeiros aprovéitanse para a fabricación de pilas e acumuladores; tamén teñen aplicación en electrólise. Os fenómenos caloríficos,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á electrotecnia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en electroterapia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á electroterapia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Uso terapeútico da electricidade. Son numerosos os efectos beneficiosos que pode ter a aplicación de correntes eléctricas de todo tipo, as correntes continuas permiten introducir ións no organismo (ionoterapia) e diminuír a excitabilidade nerviosa, as correntes de alta frecuencia e os ultrasóns producen efectos sedantes, os xeradores de alta frecuencia dan calor intratisular, a electrólise por galvanocauterio e a electrocoagulación teñen efectos destrutivos, e os electrochoques, a galvanización e a faradización teñen efectos excitocondutores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica que trata das aplicacións da enerxía eléctrica na produción de calor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á electrotermia.
-
-
Arte que consiste en reproducir mediante procedementos electroquímicos os caracteres de imprenta.
-
Tratado sobre esta materia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á electrotipia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que se emprega na electrotipia.