"uru" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 194.

  • Ave da orde dos ciconiformes, de 60 cm de longo e 130 de envergadura, de cor negra, coa cabeza e o pescozo nus, e de cor castaña arrubiada. É omnívoro, e aliméntase preferentemente de prea, pequenos mamíferos e ovos e crías de aves. Habita no continente americano, desde o S de EE UU ata Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Uruguay ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Uruguay.

    3. Arte desenvolvida en Uruguay. Ademais dos restos precolombinos que se conservan, emparentados con culturas patagónicas, da época colonial son algúns edificios de trazado moi sobrio. Do s XVIII son construcións de corte militar (cidadela de Montevideo, fortaleza de Santa Teresa) e o neoclásico estivo representado pola obra do arquitecto español Tomás Toribio e o seu fillo. A arquitectura moderna iniciouse coa creación da escola universitaria de arquitectura (1915) e destacan C. Surracho, M. Gravotto e J. Vilamajó. En escultura cabe mencionar a B. Michelena (1888-1963), J. M. Ferrari (1874-1916) e G. Cabrera e entre os pintores J. M. Blanes, P. Figari (1861-1938), R. Barradas, J. Torres García, Neder Costa, J. Páez e J. Gamarra.

    4. Cine producido en Uruguay. A introdución do cinema no país data de 1896. Durante o período mudo a actividade foi moi escasa e só destacan Almas en la costa (1923), de J. A. Borges, e El pequeño héroe de Arroyo de Oro (1929), de C. Alonso. A chegada do cine sonoro non aumentou a produción, o que contrastou coa inquietude suscitada a nivel de cineclubs cara a 1948, e que provocou a aparición dunha nova xeración de cineastas renovadora do cinema uruguaio: E. Hintz, F. Musitelli, O. Capozzoli ou U. Ulive. Na década de 1960 ninguén tiña interese en establecer un cinema nacional. A censura foi moi dura, mesmo en filmes foráneos. En 1982 estrouse Mataron a Venancio Flores, dirixido por Juan Carlos Rodríguez Castro e producido pola cinemateca uruguaia, o que pareceu estimular o cine autóctono.

    5. Literatura en lingua castelá cultivada en Uruguay. Despois da independencia do país acadou gran magnitude. Influenciada sobre todo polo romanticismo inglés e francés, máis avanzado o s XIX procurouse o achegamento a unha expresión crioula cos románticos arxentinos exiliados. Na segunda xeración aparece o primeiro novelista importante, E. Acevedo Díaz, os poetas J. Alonso y Triéllez e J. Zorrilla de San Martín e as primeiras manifestacións modernistas. Entre 1895 e 1910 destaca o ensaísta J. Enrique Rodó, os poetas J. Herrera e Reissig, A. Vasseu e M. E. Vaz Ferreira, os narradores J. de Viana, C. Reles e H. Quiroga, o dramaturgo F. Sánchez e a obra poética de D. Agustini e J. de Ibarbourou. Representan unha nova busca de formas vangardistas A. Mario Ferreiro, F. Pereda, S. Ibáñez e C. Silva. Dentro das correntes superrealistas ou existencialistas cómpre mencionar a C. Denis Molina, L. Alberto Varela, I. Vitale e A. Berenguer. Entre os últimos autores consolidados cabe destacar M. Benedetti,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de América do Sur (900 km de lonxitude), que nace na Serra Geral en Brasil. Cun réxime pluvial subtropical, a maior parte do seu curso serve de fronteira, primeiro entre Arxentina e Brasil e despois entre a Arxentina e Uruguay. Desemboca no Río de La Plata, xunto co Paraná.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado da América meridional, que limita ao N e ao L co Brasil, ao S co Océano Atlántico e o estuario do Río de La Plata e ao O coa Arxentina (176. 215 km2; 3.241.003 h [2004]). A capital é Montevideo.
    Xeografía física
    Fisiograficamente, Uruguay forma parte do extremo sur do escudo paleozoico brasileiro. O recheo está determinado por unha serie de montes ondulados e alongados, compostos por materiais cristalinos, granito e gneis (as cuchillas), dunha escasa altitude. Potentes estratos de arxila e gres de orixe fluvial ou eólico reencheron os vales que hai entre as cuchillas e forman unha gran chaira, suavemente ondulada. As cuchillas máis importantes son a Cuchilla de Santa Ana, que se estende pola fronteira brasileira, da que saen, perpendicularmente, a Cuchilla Grande, ao L, que chega ata o Río de La Plata, e a Cuchilla de Aedo, cara ao O. O litoral é moi simple, con predominio de costas baixas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oitava conferencia do GATT. Iniciouse en Punta del Este en 1986 e rematouse coa firma da Declaración de Marraquex en 1994. Deu lugar á creación da Organizacion Mundial de Comercio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade-estado sumeria, situada a uns 262 km ao SL de Bagdad. Documentada desde o período de Al-’Ubaid (4300-3500 a C), deu nome á cultura de Uruk (3500-3100 a C). De aquí era o rei lendario Gilgameš. Con Lugalzaggisi (2371?-2347 a C) exerceu a hexemonía sobre Sumeria ata que foi sometida por Sargón I de Acad (2371-2316 a C). Dominada polos guti (2240-2120 a C) ata a fundación da dinastía V de Uruk por Uto-Hegal (2120-2114 a C), á morte deste a cidade quedou sometida á dinastía III de Ur (2113-2006 a C). Co afundimento desta por obra dos amoritas, foi perdendo importancia. Dos seus restos, repartidos en tres tell, destacan o templo E-anna, do período de Djemdet Na ṣ r (3100-2700 a C), un cigurat de Ur-Nammu (2113-2096 a C), o templo branco, dedicado a Anu; o santuario Bit reš, consagrado a Anu e a Antu (de época seléucida) e un mitreo parto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do sheng de Xinjiang Uygur, China, situada na rexión do Noroeste (1.046.898 h [1990]), nos contrafortes setentrionais do Tian Shan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibía o sector meridional do territorio de Rwanda-Urundi, baixo a administración fiduciaria de Bélxica, antes de obter a independencia en 1962, co nome de Burundi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pontenova baixo a advocación de san Martín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enxoval do neno que vai nacer, xeralmente colocado nunha cesta de vime.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabo Tres Forcas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas que corresponde á voz ‘parede’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Excremento humano.

    VER O DETALLE DO TERMO