uruguaio -guaia
(
-
adx
Relativo ou pertencente a Uruguay ou aos seus habitantes.
-
s
Natural ou habitante de Uruguay.
-
arte uruguaia
[ARTE]
Arte desenvolvida en Uruguay. Ademais dos restos precolombinos que se conservan, emparentados con culturas patagónicas, da época colonial son algúns edificios de trazado moi sobrio. Do s XVIII son construcións de corte militar (cidadela de Montevideo, fortaleza de Santa Teresa) e o neoclásico estivo representado pola obra do arquitecto español Tomás Toribio e o seu fillo. A arquitectura moderna iniciouse coa creación da escola universitaria de arquitectura (1915) e destacan C. Surracho, M. Gravotto e J. Vilamajó. En escultura cabe mencionar a B. Michelena (1888-1963), J. M. Ferrari (1874-1916) e G. Cabrera e entre os pintores J. M. Blanes, P. Figari (1861-1938), R. Barradas, J. Torres García, Neder Costa, J. Páez e J. Gamarra.
-
cine uruguaio
[IMAX]
Cine producido en Uruguay. A introdución do cinema no país data de 1896. Durante o período mudo a actividade foi moi escasa e só destacan Almas en la costa (1923), de J. A. Borges, e El pequeño héroe de Arroyo de Oro (1929), de C. Alonso. A chegada do cine sonoro non aumentou a produción, o que contrastou coa inquietude suscitada a nivel de cineclubs cara a 1948, e que provocou a aparición dunha nova xeración de cineastas renovadora do cinema uruguaio: E. Hintz, F. Musitelli, O. Capozzoli ou U. Ulive. Na década de 1960 ninguén tiña interese en establecer un cinema nacional. A censura foi moi dura, mesmo en filmes foráneos. En 1982 estrouse Mataron a Venancio Flores, dirixido por Juan Carlos Rodríguez Castro e producido pola cinemateca uruguaia, o que pareceu estimular o cine autóctono.
-
literatura uruguaia
[LIT]
Literatura en lingua castelá cultivada en Uruguay. Despois da independencia do país acadou gran magnitude. Influenciada sobre todo polo romanticismo inglés e francés, máis avanzado o s XIX procurouse o achegamento a unha expresión crioula cos románticos arxentinos exiliados. Na segunda xeración aparece o primeiro novelista importante, E. Acevedo Díaz, os poetas J. Alonso y Triéllez e J. Zorrilla de San Martín e as primeiras manifestacións modernistas. Entre 1895 e 1910 destaca o ensaísta J. Enrique Rodó, os poetas J. Herrera e Reissig, A. Vasseu e M. E. Vaz Ferreira, os narradores J. de Viana, C. Reles e H. Quiroga, o dramaturgo F. Sánchez e a obra poética de D. Agustini e J. de Ibarbourou. Representan unha nova busca de formas vangardistas A. Mario Ferreiro, F. Pereda, S. Ibáñez e C. Silva. Dentro das correntes superrealistas ou existencialistas cómpre mencionar a C. Denis Molina, L. Alberto Varela, I. Vitale e A. Berenguer. Entre os últimos autores consolidados cabe destacar M. Benedetti, J. C. Onetti, C. Peri Rossi e a E. Galeano.