"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • Xaime Quessada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustradora, filla de Antonio Quesada Porto. Coñecida como Maife Quesada, foi unha das pioneiras na ilustración de libros infantís e xuvenís en lingua galega. Ilustrou, entre outros, os libros O día que choveu de noite (1985) de H. Villar Janeiro, O bosque animado (1987) de W. Fernández Flórez, A chave dos soños (1988) de A. García Tenreiro, Contos máxicos (1995) de X. A. Perozo, Cantarolas (1995), de A. Miranda e X. Neira Vilas, O colar do rei (1996) de O. Cordukes, As cinco amigas (2000) de M. Olavide, Cuentos de Maricastaña (2000), e A fada do abano verde (2004), de T. Núñez. Seleccionada como unha das mellores ilustradoras españolas na Bienal Internacional de Ilustración de Bratislava (1992, 1994, 1996) e integrante da Lista de Honor do III Premio Nacional CCEI de Ilustración (1992), recibiu o Premio Nacional de Pintura Infantil (1961), o Premio Arte Xoven de Galicia (1983, 1984) e o Premio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador e cronista. De familia nobre, en 1535 foi ás Indias Occidentais como xustiza maior de Santa Marta e ao ano seguinte dirixiu a expedición que ía remontar o río Magdalena. En 1538 iniciou a colonización do Nuevo Reino de Granada coa fundación das cidades de Santa Fe de Bogotá, Tunisia e Vélez. Foi mariscal e rexedor de Bogotá (1551) e adiantado de Nueva Granada (1568). Escribiu Compendio Historial, Relación de la conquista y los ratos de suesca e Antijovio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María Teresa Quesada Legido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Participou na Guerra da Independencia contra Napoleón I Bonaparte e pasou despois ao campo absolutista. Combateu o goberno liberal (1820-1823) e mandou o exército realista de Nafarroa. Cando aconteceu o Motín de La Granja (1836), foi destituído dos seus cargos e asasinado por unha banda de amotinados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico e escritor. De nome Xaime Quesada Porto, comezou a pintar de neno e iniciou a súa formación na Escola de Artes e Oficios de Ourense. Estudou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando en Madrid (1956-1960), cidade onde entrou en contacto co grupo Acento. Obtivo unha bolsa para acudir á escola de paisaxe de El Paular (Segovia) e recibiu a medalla de ouro en paisaxe polas obras Beso e Tierras (1959). Partidario do internacionalismo da arte, empregada como medio de expresión cultural e compromiso social, iniciou, desde a década de 1960, a súa particular busca de novas formas de expresión, en Europa e Norteamérica, que derivaron na mestizaxe estética característica das súas obras. Cubismo, expresionismo, surrealismo, naturalismo, simbolismo, suprematismo, futurismo, orfismo, hiperrealismo ou academicismo foron algúns dos infinitos estilos que aplicou nas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Becerreá baixo a advocación de santa Eulalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tempo que botan os barcos no mar realizando operacións de pesca.

    2. Período de tempo que equivale a quince días.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Violinista e pintor. Formou parte, xunto con Sarasate e Manén, dos grandes violinistas españois a escala internacional. Interpretou obras dos compositores máis afamados e como compositor deixou diversos Caprichos para violín, cadencias de obras de coñecidos compositores, algunha habanera e alborada, diferentes cantos e Variaciones sobre el Capricho 24 de Paganini. No apartado pictórico foi un autodidacta, especialmente a partir de 1938, cando unha enfermidade lle impediu tocar o violín. Destacou como debuxante e recibiu a influencia do postimpresionismo. Da súa produción pictórica destacan os retratos e caricaturas como Caricatura de Straüss (1928), Caricatura de Pau Casals (1940?), María Galvani (1945?) e os diferentes autorretratos que se conservan. Realizou tamén paisaxes en acuarela, como Rúa do Villar (1916), Unha vila na montaña (1931?) e Rúa no porto (1949?), e bodegóns como Floreiro con rosas. Recibiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño. De orixe galega, acadou o cargo de sarxento maior. Destinado a Filipinas, durante a viaxe desde América recalou na illa de Guam (Marianas) en 1680, onde o gobernador abandonou o cargo. Foi nomeado gobernador interino da illa, enfrontouse ás rebelións indias e consolidou o dominio español nas Marianas. Acadou o posto de gobernador en propiedade e en 1699 trasladouse a Manila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción propia dun quixote.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. peixe sapo.

    2. Extremo da cola e parte final do tronco dos peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pastor principal dun rabaño que pode ter ás súas ordes a outros pastores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gran cantidade de animais de gando.

    2. Conxunto de cousas ou de persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe que se dá co rabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de rabicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baía ou enseada pequena apta para gorecer naves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada situada na ría de Ortigueira, ao S de punta Castro, na parroquia da Pedra (Cariño).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e escritor. Foi catedrático na Escuela Diplomática e na Universidad Central de Madrid, director de Museo Arqueológico Nacional, do Museo de Reproduciones Artísticos e senador (1886, 1893-1894). Escribiu numerosas obras, entre elas, Viaje de SS.MM. y AA. por Castilla, León, Asturias y Galicia en el verano de 1858 (1860), Bibliografía numismática española (1886) e Genealogía e protohistoria ibérica (1892). Pertenceu á Real Academia de la Historia e Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO