"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • GALICIA

    Escultor. Nas súas obras, con reminiscencias simbolistas e da arte pobre, concedeu especial importancia ás modificacións visuais, polo que empregou frecuentemente elementos orgánicos. Destaca a serie Ciumes (1992). Recibiu o Primeiro Premio de Escultura no V Certame de Artes Plásticas de Pontevedra (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor canadense. Escribiu numerosas narracións baseadas no medio natural do seu país. Destacan Earth’s Enigmas (1896), The Kindred of the Wild (1902) e Neighbours Unknown (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Foi alumno de Boulanger e de J. Lefebvre. Influído polos simbolistas, foi o pintor de moda entre 1880 e 1900. Colaborou como debuxante en diversas revistas. Pintou Andrómaca e A loucura do rei Nabucodonosor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta belga. Representante do movemento simbolista, das súas obras destacan La jeunesse blanche (1886) e Le miroir du ciel natal (1898). Cultivou tamén a novela, como Bruges-la-Morte (1892).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo británico. Foi un dos fundadores da axencia Magnum (1947), xunto con Robert Capa, David Seymour e Henri Cartier-Bresson. Autodidacta na súa formación, comezou no Daily Telegraph (1935) para logo converterse en freelance (1939). A súa cobertura do bombardeo nazi en Blitz fixo que Life o contratara como correspondente (1940-1947). Cubriu conflitos bélicos en 61 países, desde as campañas de Rommel en Etiopia á liberación do campo de concentración de Bergen-Belsen, pasando polo desembarco de Normandie ou a entrada en París dos aliados. Entre 1950 e 1980 realizou diversas expedicións a África e organizou mostras dos seus traballos e de Magnum. Publicou Desert Jouney (1944), Village of the Noubas (1955), In Afrique (1984) e Humanity and Inhumanity (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Raúl de Borgoña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Arcebispo de Bourges (840), presidiu os concilios de Meaux (845) e Maguncia (848). Nicolao I concedeulle os títulos de primado e patriarca segundo unha carta apócrifa. A súa festividade celébrase o 21 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Alemaña e do Sacro Imperio Romano Xermánico (1273-1291), duque de Austria, Carintia, Estiria e Carniola (1276-1282). Ao suceder ao seu pai, o conde Alberte IV, foi conde de Habsburgo e landgrave de Alta Alsacia (Rodolfo IV, 1239?-1291). A súa elección como rei puxo fin ao interregno (1250-1273). Enfrontouse ao Rei Otakar II de Bohemia, que polo Tratado de Viena (1276) viuse obrigado a cederlle Austria, Carintia, Estiria, Carniola e Istria, que repartiu entre os seus fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Borgoña (921-937) e de Italia (924-926), fillo e sucesor de Rodolfo I de Borgoña. Loitou contra Berenguel I, rei de Italia e emperador de Occidente, a quen derrotou (923) e fixo asasinar (924). Sucedeuno no trono italiano, do que foi apartado por Hugo de Arles, quen lle cedeu a cambio unha boa parte dos seus territorios de Provenza (933), formándose así o Reino de Arles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Iniciouse con novelas psicolóxicas, como Aloma (1938, Premi Crexells 1937), que logo rexeitou. Exiliouse tras a Guerra Civil Española e publicou Vin-i-dos contes (1958, Premi Víctor Català 1957). En 1962 publicou a novela La plaça del Diamant, de carácter psicolóxico, histórico e simbólico, á que seguiu El carrer de les Camèlies (1966, Premi Sant Jordi). En La meva Cristina i altres contes (1967) evolucionou cara a unha narración fantástica, que acentuou en Quanta, quanta guerra... (1980, Premi Crítica Serra d’Or). Publicou tamén Viatges i flors (1980, Premi Crítica Serra d’Or e Ciutat de Barcelona) e La mort i la primavera (1986, Premi Crítica Serra d’Or). En 1980 recibiu o Premi d’Honor de les Letres Catalanes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi un dos fundadores do grupo Forces Nouvelles (1935). Cultivou unha pintura de debuxos precisos, situando as figuras e os obxectos en perspectiva e lugares inusitados, nunha primeira etapa dentro dun realismo ascético, como en Christ aux prissonniers (1941), e posteriormente en composicións simbólicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta colombiano. Caracterizado pola súa poesía pura e de formas impecables, iniciouse con La forma de su huida (1939). Publicou as súas Obras Completas en 1954.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Politicólogo e sociólogo. Catedrático de Ciencia Política e da Administración na Universidade de Vigo, destacan os seus estudos sobre o proceso de construción europea desde a perspectiva federalista, a Europa das rexións, e a gobernabilidade global. Escribiu As Mocedades Galeguistas (1987), O Galeguismo a través dos seus Textos e Documentos políticos (1989), La regionalización del Estado en la Europa Comunitaria (1991), El significado y las posibilidades de la autonomía y de la regionalización política (1992), La exigencia de participación regional en la Unión Europea (1996) e El modelo federalista de integración europea: La Europa de los Estados y de las Regiones (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico alemán. Foi profesor en Berlín e especializouse en patoloxía e neuroloxía. A súa obra Lehrbuch der Nevenkrankheiten (1840) está considerada como unha obra clásica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oscilacións do corpo e tendencia a caer, que se manifesta no paciente dereito, cos pés xuntos e os ollos pechados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en diversas publicacións periódicas, como Grial e Festa da palabra silenciada. Publicou o estudo Os camiños da vida, de Ramón Otero Pedrayo (1992) e a recompilación Entrevistas a Rafael Dieste (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. Foi a París (1764) e a Italia (1773-1775), onde recibiu a influencia da pintura neoclásica. Destacou polos seus retratos elegantes e inexpresivos e da súa produción salienta Ariadna (1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante e político británico. Participou na guerra contra Irlanda (1692) e en 1702 na Guerra de Sucesión Española. Ao frente das escuadras inglesa e holandesa, enfrontouse e venceu na Batalla de Rande (1702) á frota española e apoderouse do cargamento de ouro co que esta acababa de chegar de América. Fracasou no intento de tomar Barcelona (1704) e conquistou Xibraltar (1704), que pasou a soberanía británica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor estonio. Escribiu Mythus des 20. Jahrhunderts (1930), que o converteu no teórico do racismo nazi. Foi xefe dos servizos de Asuntos Exteriores do Partido Nazi desde 1933 e, como ministro dos Territorios Ocupados do Leste, ordenou a deportación e execución de miles de persoas. Foi condenado a morte polo Tribunal de Nuremberg, e aforcado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra sueco. Influído por Nielsen, Sibelius, Schönberg e Stravinskij, foi autor, entre outras obras, de sete sinfonías, diversos concertos para violín, doce cuartetos de corda e nove óperas, das que destaca Marinetter (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO