"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Ensaísta. Crítico da Xeración do 27 e próximo a Ortega y Gasset, foi un dos principais introdutores en España da obra de J. Joyce, O Flaherty e Virginia Woolf. Colaborador de El Sol, Escorial, Finisterre e Revista de Occidente, escribiu Riesgo y ventura del duque de Osuna (1930), Las cadenas del duque de Alba (1947) e Julián Romero (1952). Foi membro da Real Academia Española (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Vida e unión de casados.
-
Unión en harmonía de dúas ou máis cousas.
-
Unión de persoas ou intereses, que é susceptible de ser criticada.
-
-
REXIÓNS
Rexión da Antártida, situada ao O do mar de Ross e limitada pola serra de Executive Committee. Foi descuberta en 1929 por E. R. Byrd.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa das Pequenas Antillas, situada preto da illa de Guadalupe, da que depende (158 km2; 12.488 h [1999]). Grand-Bourg é o principal núcleo urbano (5.934 h [1999]). Posúe plantacións de algodón e de cana de azucre.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla librada en Marignano, actual Melegnano (Lombardia), entre as tropas franco-venecianas e as do Imperio os días 13 e 14 de setembro de 1515. Despois dunha dura loita, os exércitos franco-venecianos impuxéronse ás tropas imperiais de Maximiliano Sforza nunha batalla que trouxo consigo o establecemento dos franceses en Lombardia (Tratado de Noyon, 1516).
-
-
cánabo.
-
Preparado de follas e flores do cánabo que se consome fumada ou por inxestión, producindo diversos efectos como relaxación, aumento do apetito ou euforia.
-
-
-
cánabo.
-
Preparado de follas e flores do cánabo que se consome fumada ou por inxestión, producindo diversos efectos como relaxación, aumento do apetito ou euforia.
-
-
GALICIA
Empresario. Presidente da Fundación Semana Verde e da Asociación Ferial Semana Verde. Foi director da Lonxa Agropecuaria de Galicia e presidiu a Agrupación de Ferias Agrícolas de Europa (EURASCO) e a Asociación de Defensa Sanitaria (ADS). Desde 2003 preside a Asociación Española de Mercados de Ganado (ASEMGA). Recibiu a Cruz da Orden Civil del Mérito Agrícola e o Trofeo Galeguidade 2001 que outorga a Enxebre Orde da Vieira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e enxeñeiro. En 1751 substituíu a Pedro Martín Cermeño na planificación da Universitat de Cervera e foi enxeñeiro director en Catalunya.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir. Rexeitada polo seu pai por recibir o bautismo, foi martirizada polo prefecto romano Olibrio, ao non corresponder aos seus requerimentos amorosos. Decapitada, segundo a lenda, dos tres chimpos que deu a súa cabeza ao caer no chan, naceron as tres fontes de Augas Santas. Viste túnica e manto e como atributos leva un forno aceso e tres nacentes. A súa festividade celébrase o 18 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente pola esquerda do río Sil. Nace no monte As Forcadas, na parroquia de Forcadela e Nogaledo e desemboca na da Proba (O Barco de Valdeorras).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á costa.
-
Relativo ou pertencente ás comarcas das Mariñas ou aos seus habitantes
-
Natural ou habitante das comarcas das Mariñas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou de Láncara Construción situada en Bergondo. A edificación actual data do s XVIII e levantouse no lugar dunha antiga fortaleza dos Pérez das Mariñas. Mestura elementos barrocos e neoclásicos e orixinalmente tiña planta en forma de U, á que se lle engadiu en 1975 un novo corpo destinado a aloxamento. A fachada principal está presidida por unha escalinata de pedra que dá acceso ao patio de armas con dúas esculturas de pedra na parte inferior. A fachada posterior conta cunha solaina con balaustradas de cantería e cunha escalinata, con motivos esculturais barrocos, que dá acceso aos xardíns. No seu interior destaca a gran lareira. Conserva a capela, de estilo barroco e bo tamaño, que conta no interior cun retablo con tallas que se lle atribúen a Xosé Gambino. Fundado por Gómez Pérez das Mariñas no s XV, en 1936 o seu descendente Xeraldo Bermúdez de Castro, coñecido como Xeraldo Láncara, legou o pazo á Deputación Provincial da Coruña para fins sociais. Acolle unha interesante...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Sada a partir de xaneiro de 1925 e que cesou aos poucos meses. Subtitulada “Revista quincenal ilustrada”, o seu director e propietario foi Eduardo García Ramos e centrou a súa información en Galicia.
-
PERSOEIRO
Poeta, ensaísta e orador cubano. Foi presidente do Partido Socialista Popular e candidato á presidencia da República de Cuba. Escribiu Liberación (1926), Americanismo y cubanismo literario (1931) e Literatura hispano-americana (1937), ademais de diferentes estudios sobre José Martí. Recibiu a Medalla de Lenin (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista e latinista. Autor dunha obra moi ampla, destacan os seus traballos Carácter convencional del ritmo (1971), Interpretación de los modos del verbo catalán (1972), Inscripciones romanas de Barcelona (1973), El préstamo fonológico (1976) e Diátesis múltiple de la serie -dor(a) (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e médico. Dirixiu o Insalud (1983-1984) e a Inspección Médica en Galicia (1985). Foi director-xerente do Hospital Xeral de Galicia (1987-1990) e do Hospital Provincial de Conxo (1991-1992), delegado do ministerio de Sanidade e deputado no Parlamento de Galicia polo PSdG-PSOE (1990-1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Decorou o retablo da capela de Nosa Señora do Rosario (1612) na igrexa de Santiago de Betanzos e, en 1617, realizou o mesmo labor para o retablo maior de Santa María de Centroña en Pontedeume.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Deseñador. Coñecido como Roberto Verino, creou a súa primeira colección pret à porter feminina en 1982 e abriu a súa primeira tenda en París (1983). Participou de forma continuada na Pasarela Cibeles (1984-1999 e 2002-2003), lanzou a súa primeira Colección de Hombre e a Verino Jeans en 1997, e xunto a diversos deseñadores fundou a Asociación de Moda de España (1999). Tamén iniciou a comercialización de produtos como perfumes (1992), lentes (1997) e revestimentos e pavimentos cerámicos (2002). Recibiu a Aguja de Oro (1992), a Medalla Castelao (1996) e a Vieira de Prata (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Traballou con Francisco Casas no retablo de san Bieito para o mosteiro de San Martiño Pinario (1742-1743).
VER O DETALLE DO TERMO