"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Militar e político venezolano. Participou na Guerra de Independencia de Venezuela e nas sucesivas campañas de emancipación contra a dominación colonial, en que foi promovido a xeneral. Xefe do Estado Maior de Bolívar na Batalla de Carabobo (1821), secundou a Páez na súa actitude independentista de Venezuela fronte á República de Gran Colombia. En 1834 foi candidato á presidencia da república, pero Páez impuxo a Vargas. Poucos meses despois ocupou pola forza a presidencia, pero Vargas obrigouno a dimitir.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
san (s VI) Bispo de Avenches (Suíza). Mudou a sé episcopal a Lausanne e fundou o convento de Payerne. A súa festividade celébrase o 31 de decembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(s III) Mártir. Sufriu martirio en Roma (270) xunto coa súa muller, Marta, e os seus dous fillos, Audifax e Abaco. A súa iconografía vísteo de segrar ou con roupas orientais e leva as mans cortadas. A súa festividade celébrase o 19 de xaneiro.
-
FILOSOFOS
Filósofo francés. Como historiador da filosofía fixo unha achega fundamental aos estudios cartesianos coa triloxía composta por Sur l’ontologie grise de Descartes (1975), Sur la theólogie blanche de Descartes (1981) e Sur le prisme métaphysique de Descartes (1986). A súa reflexión sobre o tema de Deus mostrou a necesidade de desprenderse do tratamento do ídolo para poder pensar verdadeiramente en Deus. Escribiu L’idole et la distance (1977), Dieu sans l’Étre (1982) e Prolégomènes à la charité (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Chantada. De orixe medieval, só conserva da fábrica orixinal a porta de estilo románico; esta ten remate en arco de medio punto e imposta lisa. O tímpano é liso, apoiado sobre as xambas. No interior conserva a cruz procesional de prata do s XVII e varios retablos neoclásicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Guitiriz. A actual construción data de 1945, pero conserva a fachada principal da antiga igrexa de estilo románico. O retablo maior ten un só corpo de orde corintia. A cruz procesional de prata é de estilo prateresco do s XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático ruso. Traballou na lei dos grandes números e analizou os procesos estocásticos, que considera como unha cadea de probas, denominada cadea de Markov. Aplicou os seus coñecementos matemáticos á lingüística (análise de Markov).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor croata. É autor de poemas épicos, como Kohan i Vlasta (1868), dramas históricos, como Karlo Drački (1872), e poemas. Ademais, editou diversos estudios sobre estética, como O desenvolvemento e o contido da estética xeral (1902).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarina. Coñecida como Alicia Markova, fixo o seu debut cos Ballets Rusos de Diaghilev en 1924. Creou e dirixiu a compañía Markova-Dolin (1935-1938) e o London’s Festival Ballet (1949-1952), e as súas mellores interpretacións foron Pétrouchka e La boutique fantasque.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Choiva moi miúda que cae suavemente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caer unha choiva suave e miúda.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canle situada na rexión de Champagne-Ardenas, Francia. Comeza en Pontaillet-sur-Saône , e con 209 km de lonxitude, atravesa o altiplano de Langres en dirección N. Unha vez en Vitry-le-François, pasa a denominarse canal lateral do Marne.
-
PERSOEIRO
Político e escritor, señor de Sint Aldegonde. Colaborou con Guillerme I de Orange-Nassau a favor da liberdade e da Reforma. Da súa obra destaca De Biënkorf der H. Roomsche Kercke (1569) e a tradución dos Salmos (1580).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de San Fiz de Monfero (Monfero) que acada os 617 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Mazaricos. De estilo románico, foi construída no s XII, pero reformada en época barroca (s XVIII). Ten unha soa nave de planta rectangular cunha capela maior de planta cadrada separada da nave central por un arco triunfal de medio punto rebaixado. Destaca o retablo barroco da capela maior.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista estadounidense. Reflectiu nas súas novelas os modelos de conduta da clase media e alta de EE UU de mediados do s XX. Publicou as novelas The Late George Apley (Premio Pulitzer, 1937), Wickford Point (1939), BF’s Daughter (1946), Point of No Return (1949) e Melwille Goodwin, USA (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xurista. Foi conselleiro de Radio Televisión de Galicia, e membro do Consello da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra (1992-2000). Foi concelleiro de Vigo (1983-1987) e vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra (1983-1987). Deputado nas Cortes (1986-1989) e senador (1996-2000) polo PP.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz e cantante. Coñecida como Raquel Meller, fixo unha brillante carreira na modalidade de café-concerto. En 1919 debutou en París, e logo deu o salto ao cine, en filmes como La gitana blanca (1919) ou Carmen (1926). Participou en revistas como La violetera (1940-1941) e Campanas de Viena (1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico urólogo. Xefe da sección de Urodinámica do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e xefe do Servicio de Uroloxía do Policlínico A Rosaleda de Santiago de Compostela. Foi profesor da facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e presidente da Sociedade Galega de Uroloxía. Publicou Incontinencia urinaria, Urodinámica aplicada e El esfínter artificial. Recibiu a Medalla de Ouro da Sociedade Galega de Uroloxía.
VER O DETALLE DO TERMO