Mario, san
Mario, san
(s III) Mártir. Sufriu martirio en Roma (270) xunto coa súa muller, Marta, e os seus dous fillos, Audifax e Abaco. A súa iconografía vísteo de segrar ou con roupas orientais e leva as mans cortadas. A súa festividade celébrase o 19 de xaneiro.