"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Johann Paul Ägidius Schwarzendorf.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, escultor, arquitecto e teórico italiano. No campo da pintura destacan a Incoronazione (1472) e a Natività (1475) e no da escultura os catro anxos de bronce do altar maior da catedral de Siena (1489-1497). Traballou no Palazzo Ducale de Urbino e dirixiu as obras da igrexa de Santa Maria delle Grazie al Calcinaio, preto de Cortona (1485). Escribiu Trattato di architettura civile e militare.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, teórico e historiador da música italiano. En 1729 ingresou na orde franciscana e tivo como discípulos a Jommelli, Grétry, J. Ch. Bach e Mozart. Publicou unha Storia della musica (1757-1781), que non chegou a acabar, e varias obras teóricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san Martiño de Dumio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Dumio e arcebispo de Braga (570). Foi o artífice da conversión sueva. A partir do 550 contribuíu decisivamente á cristianización de Gallaecia, mediante a propiciación do monacato e a expansión da nova Igrexa. Gracias á súa intervención ao redor do 559, o Rei Teodemiro converteuse ao cristianismo. Tentou suprimir as supersticións e os restos do paganismo e do priscilianismo aínda presentes na sociedade rural e proporcionar á Igrexa Galaico-sueva unhas normas para poder desenvolver a grande obra de restauración da vida cristiá. Escribiu Parrochiale Suevorum ou Divisio Theodomiri e os Capitula Martini, colección canónica que redactou como colofón e complemento dos Concilios I e II de Braga. Modificou os canons e incluíu capítulos propios en que tratou a represión de diversas supersticións mencionadas no tratado De correctione rusticorum, onde pretendeu corrixir os hábitos e costumes pagáns vixentes en certas zonas de Galicia. Tamén fundou o mosteiro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso, fillo dun cabaleiro español e dunha escrava panameña. Cara a 1600 entrou como oblato no convento dos dominicanos de Lima e dedicouse á oración e á penitencia. A súa festividade celébrase o 3 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Panonia 316? - Turena 397) Bispo de Tours (371-397), fillo dun tribuno militar. Foi exorcista en Poitiers, xunto a santo Hilario, que o ordenou sacerdote. Elixido bispo de Tours, o seu episcopado marcou o triunfo do cristianismo no O de Galia e organizou numerosos mosteiros, dos que destaca o de Marmoutier. En Galicia ten un dos cultos máis antigos e considérase protector da colleita do viño e do gando bovino e porcino, e avogoso dos perigos da fame da guerra e tamén dos camiñantes. A súa representación máis coñecida é na que parte a capa para repartir cos pobres. A súa festividade celébrase o 11 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (649-655). Foi apocrisiario en Constantinopla. A súa condena da herexía dos monotelitas irritou a Constantino II, protector do monotelismo, polo que o fixo deter na basílica de Letrán

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en pediatría e medicina intensiva. Foi xefe do servizo de Críticos, Intermedios e Urxencias Pediátricas do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e membro fundador da European Society of Pedriatic Intensive Care.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo. Foi impulsor do coñecemento da cultura castrexa coas escavacións da citania de Briteiros, comezadas en 1874. Da súa produción destacan Os gregos no noroeste da Ibéria (1876) e Os lusitanos (1880) e na súa honra fundouse, en 1881, o museo que leva o seu nome en Guimarães.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e relixioso dominicano. Adoptou para os seus proxectos o estilo barroco que desenvolveu por completo en Santiago de Compostela. Formouse con F. de Casas Novoa, con quen construíu a igrexa conventual de Santa María de Belvís e proxectou tamén dous tramos do claustro e o refectorio do convento. En San Martiño Pinario construíu a portada do mosteiro, cara a 1751, así como as escaleiras de entrada á igrexa e á cámara do claustro da portería. En 1753 trazou os planos para o colexio de San Xerome e proxectou os dous claustros posteriores do Hospital Real de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que martiriza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Copista. Capelán do cabaleiro Fernán Pérez de Andrade, copiou en galego, tomando como referencia unha copia castelá, a Crónica Troiana. Este códice formou parte, durante moitos anos, da biblioteca do marqués de Santillana, para pasar logo a mans dos duques do Infantado e posteriormente á Biblioteca Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo francés. Director da revista Annales de Géographie, foi un grande especialista en xeomorfoloxía. Escribiu Traité de géographie physique (1909).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Foi o fundador e director da revista Angiología (1949), especializada en cirurxía vascular. Entre as súas obras destacan Tromboflebitis de los miembros inferiores (1943), Úlcera hipertensiva (1953) e o tratado Angiología. Enfermedades vasculares (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Outeiro de Rei. O máis destacable é a ábsida románica, que conta cun tramo recto e tambor, con bóveda de canón. O arco triunfal, de medio punto e aresta viva, sitúase sobre columnas arrimadas. A capela maior acolle un retablo neogótico, con tallas de san Pedro, san Miguel e san Antón, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Entrou no Parti Communiste Français (PCF) en 1923 e converteuse en membro do comité central en 1925. Formou parte do comité executivo da Terceira Internacional, da que foi secretario (1935). Paralelamente foi tamén deputado, conselleiro municipal de París, conselleiro xeral do Sena e deputado por Puteaux (1923) e París (1936). Despois da liberación de París, foi elixido deputado e secretario do comité central do PCF (1947). En 1952 foi excluído do partido acusado de desviacionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Discípulo de Brentano e Lotze, interesouse polo estudo da linguaxe desde un punto de vista psicolóxico. Das súas obras destacan Über den Ursprung der Sprache (Sobre a orixe da linguaxe, 1875) e Untersuchungen zur Grundlegung der allgemeinen Grammatik und Sprachphilosophie (Investigacións sobre os fundamentos da gramática xeral e da filosofía da linguaxe, 1908).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Labrego ou persoa máis rica da comarca.

    2. Persoa que goza de boa saúde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación teatral, inicialmente chamada Aires da Terra, creada en Bos Aires en 1938. Mantivo a súa actividade ata 1946. O seu fundador e director foi Manuel Daniel Varela Buxán e nela traballaron asiduamente Maruxa Villanueva, Eva Carreras, Maruxa Boga e Fernando Iglesias Sánchez Tacholas. Ademais de diversos textos de Varela Buxán, a compañía estreou Os vellos non deben de namorarse, de Castelao (1941).

    VER O DETALLE DO TERMO