"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Poeta, irmán de Joan Berenger e sobriño de Guillem de Masdovelles. É autor de seis composicións conservadas no Cançoner dels Masdovelles e no Cançoner d’obres enamorades de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Zimbabwe (28.347 km2; 856.736 h [1992]). A súa capital é Bindura (21.167 h [1992]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Zimbabwe (57.441 km2; 1.112.955 h [1992]). A súa capital é Chinhoyi (43.054 h [1992]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Zimbabwe (32.230 km2; 1.034.353 h [1992]). A súa capital é Marondera (39.384 h [1992]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga fortaleza situada en Ferreira de Pantón (Pantón). Vinculado aos Arias de Masid e aos condes de Lemos, construíuse no s XI. Foi derrubado durante as Guerras Irmandiñas (s XV). No s XIX restaurouno Xoaquín Arias Sanjurjo. A torre da homenaxe é de planta cadrada e ten dúas portas de arco semicircular cos tímpanos apoiados sobre ménsulas con decoración escultórica. Consérvase parte do muro de peche que o circundaba. O muro e a torre están coroados por ameas. Na fachada conserva unha ventá plateresca datada no s XVI. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
a Nova Igrexa parroquial situada en Maside. Construíuse entre 1908 e 1910 en estilo neogótico, no lugar onde se situaba a capela de santo Antonio, segundo un proxecto do arquitecto Daniel Vázquez-Gulías Martínez. Ten tres naves e capela maior con tramo recto e ábsida semicircular. A portada é abucinada, con arco apuntado e tímpano. Enriba ten unha ventá con parteluz e trifolio superior. Diante do adro destaca un cruceiro da primeira metade do s XIX.
-
VER O DETALLE DO TERMO
a Vella Igrexa situada en Maside. De estilo románico, foi construída entre finais do s XII e principios do s XIII. Ten planta rectangular e unha soa nave separada da ábsida por medio dun arco toural de medio punto ornamentado con outro arco, que descansa sobre dúas columnas acaroadas e cos capiteis decorados. Durante a restauración do templo descubriuse unha arcada similar á anterior e atopáronse na ábsida pinturas murais do s XVI de estilo renacentista. A fachada ten portada románica con dous pares de columnas de fustes lisos e capiteis zoomórficos. As arquivoltas son sinxelas e o tímpano liso. No edificio destacan os numerosos relevos nos capiteis e nos muros, tanto do exterior como do interior. O templo foi igrexa parroquial ata 1910, cando se construíu a igrexa de San Tomé de Maside a Nova.
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica italiana. Ligada profesionalmente ao seu home, o realizador Federico Fellini, debutou no filme Senza pietá (1948), dirixido por Alberto Lattuada. Dos seus papeis protagonistas cómpre salientar Luci del varietà (1951), Lo sceico bianco (1952), La strada (1954), que a consagrou como unha das principais actrices europeas da época; Le notti di Cabiria (1956), coa que conseguiu o premio á mellor actriz no Festival de Cannes de 1957, Giulietta degli spiriti (1965) e Ginger e Fred (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Documentado en Florencia entre 1341 e 1353, foi un dos discípulos máis destacados de Giotto di Bondone. Atribúenselle os frescos da capela Bardi da basílica da Santa Croce de Florencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tommaso di Cristoforo Fini.
-
PERSOEIRO
Escritor. Foi un dos fundadores da revista de vangarda Hèlix (1929) e de Destino. Coñeceu en París a Breton, e foi un dos introdutores do surrealismo na Península. Publicou Guía de Roma e itinerarios de Italia (1950) e Antología poética de Ausias March (1981). Recibiu o Premio Nacional de Tradución (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Atleta. Especialista na proba de marcha, foi campión (1993) e subcampión (1995) do mundo na distancia de 20 km, e obtivo a medalla de bronce na distancia de 50 km nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996). Participou tamén nos Xogos Olímpicos de Sydney (2000). Gañou 18 veces o campionato de España en diferentes distancias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Discípulo de Granados e Morera, licenciouse en Roma en música gregoriana. Deixou unha produción moi extensa e variada, da que destacan as óperas Nuredunna (1947) e Cánigo (1934). Tamén deixou oratorios, obras sinfónicas e un concerto para piano.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, situado ao S da cidade de València, Comunitat Valenciana (7.370 h [2001]). A agricultura, a diferenza do sector industrial e de servicios, ten pouca incidencia na economía do municipio, que está baseada principalmente na industria do moble e da madeira, ademais dos produtos metálicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar francés, duque de Rívoli e príncipe de Essling. Nomeado xeneral en 1793, a súa participación decidiu as batallas de Lodi e Rivoli. Derrotou os rusos en Zúric (1799) e defendeu Xénova (1800). Foi enviado a Portugal, loitou contra o duque de Wellington e como mariscal desde 1804, librou a indecisa Batalla de Fuentes de Oñoro (1811).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, gravador e debuxante francés. Cultivou o cubismo (1922) e introduciuse no surrealismo (1923-1929) con obras como Les quatre éléments (1923-1924). Pintou series sobre os mesmos temas, como Massacres (1931-1933) e en España (1934-1936) realizou Insectes e ilustrou Tauromachie de M. Leiris. Refuxiado en EE UU en 1941, exerceu unha grande influencia sobre a action painting. Influído pola abstracción e despois polo informalismo, pintou Cérémonies e como gravador ilustrou El cerco de Numancia de Cervantes (1937) e Woyzeck de G. Büchner (1963). Debuxou os decorados e o vestiario de Morts sans sépulture de J. P. Sartre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico italiano. Triunfou co seu marcado estilo sofisticado e a súa aparencia triste. Protagonizou I soliti ignoti (1958), La dolce vita (1960), Divorzio all’italiana (1962) e Ginger e Fred (1985). As súas derradeiras contribucións foron en Prêt-a-porter (1994), Sostiene Pereira (1996) e Viagem ao principio do mundo (1997). Foi premiado no Festival Internacional de Cine de Donostia-San Sebastián por Casanova ‘70 (1965) e no Festival Internacional de Cine de Cannes por Dramma della gelosia-tutti i particolari in cronaca (1970) e Oci ciorne (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Viaxeiro e historiador. Escribiu unha historia universal en 30 tomos, dos que só se conserva un, o Murū Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ǧ al- Palatino; ḏ ahab wa ma ạdīn al- Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ǧ a-wahir (947), coñecido polo título de Os prados de ouro. Escribiu tamén o Libro da advertencia e da revisión (956).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e escritor liberal. Fundador dos periódicos El Procurador de la Libertad (1835) e La Joven España (1838), por mor das súas ideas políticas houbo de exiliarse en Francia. Regresou tralo cambio de réxime de 1840 e foi alcalde de Reus. Posteriormente foi elixido deputado e ocupou a cátedra de Medicina Legal e Toxicoloxía (1843-1854) na Universidad Central de Madrid. Publicou a novela El poeta y el banquero (1842) e os libros médicos Vademécum (1844) e Tratado de medicina legal y toxicología (1846).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Zimbabwe (54.172 km2; 592.398 h [1992]). A capital é Gwanda (10.565 h [1992]).