Maside, San Tomé de
Maside, San Tomé de
a Nova Igrexa parroquial situada en Maside. Construíuse entre 1908 e 1910 en estilo neogótico, no lugar onde se situaba a capela de santo Antonio, segundo un proxecto do arquitecto Daniel Vázquez-Gulías Martínez. Ten tres naves e capela maior con tramo recto e ábsida semicircular. A portada é abucinada, con arco apuntado e tímpano. Enriba ten unha ventá con parteluz e trifolio superior. Diante do adro destaca un cruceiro da primeira metade do s XIX.