"Adá" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2197.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Consello, asemblea ou reunión, nalgúns pobos eslavos. Os exemplos máis significativos historicamente constituíronos a bielorrusa (1917-1918) e a ucraína (1917-1918), opostas ao poder dos soviets.
-
PERSOEIRO
Rei de Madagascar (1810-1828), fillo e sucesor de Andrianampoinimerina, fundador da dinastía merina. Loitou pola unificación política da illa, con axuda británica e en contra dos intereses franceses. Á súa morte sucedeuno a súa muller Ravanalova I.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Madagascar (1861-1863), fillo da Raíña Ranavalona I. Abriu a illa á influencia europea. Unha reacción dos aristócratas hovas contra a súa política reformista e prooccidental motivou o seu asasinato.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo deus de Creta, fillo de Zeus e, como Minos, rei e lexislador. Na obra de Platón aparece como xuíz dos mortos, xunto a Éaco e Minos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema que permite localizar, identificar un obxecto e avaliar a súa distancia por medio de ondas radioeléctricas de alta frecuencia. Consiste nun emisor moi potente que xera ondas radioeléctricas moi curtas, e polo tanto moi reflectibles, en forma de impulsos. Estes son transmitidos por unha antena parabólica altamente direccional, que xira sobre o seu eixo por medio dun mecanismo sincronizado. Cando os impulsos atopan un obstáculo, son reflectidos por este e captados pola antena (xa desconectada do emisor), que os envía a un receptor, onde son amplificados e aplicados ás placas deflectoras dun tubo de raios catódicos que traduce a diferenza de tempo entre o sinal enviado e o eco retornado, correspondente á distancia do obstáculo, nunha liña da pantalla cuxa medida, segundo unha determinada escala, indica a distancia á que se atopa o obstáculo. A pantalla do tubo de imaxe está adaptada para dar a posición e a distancia dos obxectos en movemento e as masas de terra ou as construcións fixas;...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica da astronomía que consiste en enviar un sinal de radar de características coñecidas a un corpo celeste e observar as características do sinal reflectido. En 1947 levouse a cabo coa superficie da Lúa, en 1958 con Venus, e en 1963 conseguíronse reflectir as ondas na superficie de Marte. Esta técnica fixo posible a determinación dos períodos de rotación de Venus e Mercurio, e a medición precisa das distancias da Lúa, Venus e Marte respecto da Terra. Utilízanse para ela os mesmos radiotelescopios ca en radioastronomía.
-
PERSOEIRO
Pintor e pedagogo da arte e o deseño. Nun primeiro momento a súa obra manifestou unha influencia postimpresionista e un particular cezannismo. Posteriormente elaborou unha abstracción poética, amorfa na súa configuración, propia de ambientes, temas, obxectos ou grafismos da vida cotiá. Escorridos, colaxes, estampacións ou poesía visual, son tratados nun mundo de suaves entoacións e gran finura. Da súa obra poética destacan Notes Nocturnes (1975), Territori de temps (1979) e El color de les pedres (1989). Recibiu o Premio Nacional de Bellas Artes en 1980.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cravo co que se suxeitan as lamias ás rodas do carro.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Carballido (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 750 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arcebispo de Santiago de Compostela (1751-1771). Formouse en leis na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como avogado na Real Audiencia da Coruña. Abandonou as leis e seguiu a carreira eclesiástica e obtivo a penitenciaría da catedral de Ourense, a doutoural da catedral de Lugo e ambos os dous postos na catedral de Santiago de Compostela, onde foi vigairo capitular e comisario xeral da cruzada. Tamén foi capelán maior do rei católico e da súa real capela, casa e corte; xuíz ordinario, notario maior do Reino de León e conselleiro real. En Madrid promoveu a Congregación de Naturais e Orixinais de Galicia en 1741. Nomeado arcebispo de Santiago de Compostela en 1751, realizou numerosas obras de caridade e mandou construír o Seminario de Confesores (sede do concello de Santiago de Compostela) e o convento da Compañía de María, reedificar a capela de don Lope na catedral de Santiago de Compostela e ampliar o pazo arcebispal. Ademais mandou edificar o pazo de Lestrobe a a reconstruír...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ramaxe.
-
1 arume.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Noveno mes do calendario musulmán, durante o que está prescrito o xaxún homónimo, que consiste en non tomar alimentos nin bebida, e en absterse de fumar, de perfumarse e das relacións sexuais durante o día.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ramaxe.
-
PERSOEIRO
Político e escritor mexicano. Coñecido como El Nigromante, basicamente polemista, malia que tamén foi poeta, ofrece unha curiosa contradición entre o seu conservadorismo literario e o seu revolucionismo político de pegada voltairiana. Foi ministro de Xustiza e Fomento (1861) e maxistrado da Suprema Corte de Justicia (1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Madagascar (1828-1861). Sucedeu ao seu home Radama I de Madagascar (1828) e perseguiu os cristiáns e os europeos a instancias dos aristócratas malgaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Madagascar (1868-1883), muller de Radama II de Madagascar. Sucedeu a Raíña Rasoherina (1868). Convertida ao protestantismo, asinou diversos tratados de cooperación con Francia e Reino Unido.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Madagascar (1883-1897). Sucedeu a súa curmá Ranavalona II de Madagascar. Polo tratado de 1885 cedeu a Francia a dirección exterior do reino e en 1895 aceptou o protectorado francés. Acusada de conspiración, foi destronada e deportada a Alxer en 1897.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Conxunto de porcos que nacen dunha vez ou que se crían xuntos.
-
Conxunto de cabalos que viven salvaxes no monte.
-
-
PERSOEIRO
Político polaco. Dirixente do partido socialista e militante comunista desde 1939, foi membro do Politburo e ocupou diversos ministerios entre 1947 e 1968. Presentou o Plan Rapacki (1957), que tiña como finalidade crear unha área desnuclearizada no centro de Europa e que non foi aceptada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de rapar a algúns animais, especialmente as ovellas e os cabalos.