"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • PERSOEIRO

    Nobre, VI conde de Lemos, III marqués de Sarria e grande de España, fillo de Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, V conde de Lemos. Foi embaixador de Filipe II en Portugal (1577), comandante xeral das tropas de Galicia con motivo do cerco inglés á Coruña (1589) e capitán xeneral e vicerrei de Nápoles (1598). Defendeu a restitución do voto en Cortes do Reino de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, XI conde de Lemos, VIII marqués de Sarria e grande de España. Foi capitán xeneral das galeras de Nápoles (1692), vicerrei de Sardeña e xentilhome de cámara de Carlos II e Filipe IV. Recibiu o Toisón de Ouro (1692). Foi o derradeiro home da liñaxe dos Castro na casa de Lemos e sucedeuno a súa sobriña Rosa María de Castro e Centurión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, IV conde de Lemos, I marqués de Sarria e grande de España. En 1543 Carlos I concedeulle como primoxénito da casa de Lemos o marquesado de Sarria e en 1553 nomeouno embaixador cerca da Santa Sé, cargo que lle renovou Felipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, fillo de Pedro Fernández de Castro, señor de Monforte de Lemos, e irmán de Inés de Castro e de Xoana de Castro, muller de Pedro I de Castela. Foi mordomo e alférez maior do rei, e adiantado e alférez maior de Galicia e Asturias. En 1354 capitaneou un alzamento nobiliario contra Pedro I, para logo sumarse á causa do rei castelán, que o fixo conde de Trastámara, Lemos, Sarria e Castrojeriz. Tras a Batalla de Montiel (1369) trasladouse a Portugal desde onde continou a loita contra Enrique de Trastámara

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Considerado o creador da cromatografía sobre papel, descubriu o pirrol, a anilina, o efecto da beladona e estudou a composición da materia. Publicou Farbenchemie (1834-1850), en 3 volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como narrador e poeta lírico, da súa obra destacan Novellen aus Österreich (Contos de Austria, 1877) e os poemas Wiener Elegien (Elexías vienesas, 1893).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Doutor en Xeografía e Historia e catedrático de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela, realizou estudos sobre a Galicia agraria na Idade Moderna. Membro do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, das súas obras destacan Economía rural antigua en la montaña lucense. El concejo de Burón (1979), Economía, política y sociedad en Galicia. La provincia de Mondoñedo: 1480-1830 (1985), A vida cotiá en Galicia de 1550 a 1850 (1992), A facenda real na Galicia do Antigo Réxime: as rendas provinciais (1993), Das casas de morada ao monte comunal (1996), Señoríos y comunidades campesinas: aportaciones a la historia rural de la España moderna (2003) e, con H. Sobrado, El siglo de las luces: cultura y vida cotidiana (2004). Recibiu o Premio Nacional de la Crítica (1993 e 1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor de orixe galega. Foi autor dun Memorial (1674) onde se recolle unha Relación, en prosa, sobre a morte do mariscal Pedro Pardo de Cela, e 54 versos do Cantar del Mariscal, unha das dúas únicas versións que se conservan desta obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista brasileiro. Cronista da vida urbana, analizou as súas contradicións con sutil humor. Da súa produción destaca Encontro marcado (1956), de contido en parte autobiográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce ou contén azucre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico alemán. Estudou a nutrición das plantas, a influencia da lúa, a clorofila, o heliotropismo e o xeotropismo e formulou a teoría da imbibición. Considérase o pai da fisioloxía vexetal experimental. Escribiu Lehrbuch der Botanik (1868) e Vorlesungen über Pflanzenphysiologie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista. Coñecido como Michel Salgado, xogou no R. C. Celta de Vigo (1992-1996 e 1997-1999), e en 1999 pasou ao Real Madrid C. F., co que gañou 1 Copa Intercontinental (2002), 2 Copas de Europa (1999-2000, 2001-2002), 1 Supercopa de Europa (2002), 2 Ligas (2000-2001, 2002-2003) e 2 Supercopas de España (2001, 2003). Coa selección española gañou o Campionato Europeo Sub-21 (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e político. Desde 1991 foi profesor de estrutura económica na Universidade da Coruña. Secretario xeral de Comunicación da Xunta de Galicia (desde 2005), foi cronista do Congreso de los Diputados (1976-1980), deputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia (1989-1994), conselleiro de Economía e Facenda (1987-1990) e secretario xeral da Fundación Galicia-Europa (1988-1990). O seu labor xornalístico desenvolveuse fundamental- mente en Mundo Obrero, La Voz de Galicia -redactor e xefe da sección de Economía (1981-1987) e fundador e coordinador dos suplementos “Economía y consumo” e “Europa”- e en El Progreso, que dirixiu entre 1994 e 2000. Ademais foi delegado da Corporación Voz de Galicia en Lugo. Publicou El Estatuto de Galicia (1976), Cuadernos Galicia-CEE. Sector lácteo (1986), en colaboración con Xaime García e Xosé Colino, Lorenzo Varela: crónica dunha vida atormentada (1995) e Jalisco (2001). Recibiu o Premio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén ou produce sal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é beneficioso para a saúde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director teatral e escritor. Catedrático de Artes Escénicas da Universitat de Barcelona, en 1956 fundou en Barcelona, con Miquel Porter, o Teatre Viu. Doutorado en Filosofía en 1973, viaxou a Alemaña para cursar ciencias teatrais, socioloxía e filosofía. Está considerado unha das principais figuras no proceso de renovación das artes escénicas en España, especialmente en Catalunya. En 1960 fundou, con Maria Aurèlia Capmany, a Escola d’Art Dramàtic Adrià Gual, que dirixiu ata a súa extinción (1975). Na mesma época traballou en textos de Salvador Espriu ata convertelos en espectáculo, como Ronda de mort a Sinera (1965). Tivo unha longa traxectoria de dirección de proxectos como director do Teatro Nacional (1970-1972) e do Festival Internacional de Teatro de Sitges (1977-1986). Co Centro Dramático Galego dirixiu en 1991 a obra O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca. Publicou El teatre contemporani (1966) e El teatro moderno (1981). Recibiu o Premio Lorca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario. Participou na Revolución de Setembro de 1868 e na revolta federal e fuxiu a Francia. En 1871 volveu a Cádiz, onde foi alcalde e dirixiu a Insurrección Cantonalista (1873). Encarceado, fuxiu do penal de Vélez de La Gomera en 1873 e non volveu a España ata 1886.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Participou nos movementos contrarios ao ditador António de Oliveira Salazar. En 1988 foi elixido secretario xeral do Partido Socialista Português (PSP). Candidato para as eleccións xerais de 1991, onde o PSP foi derrotado, foi substituído por António Manuel de Oliveira Guterres. Alcalde de Lisboa (1989-1996), desde 1996 é presidente da república. Escribiu A Festa de Um Sonho (1991), Um Olhar sobre Portugal (1995) e Quero Dizer-vos (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Valboa (Trabada). O seu cumio acada os 511 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da illa de Trinidad e Tobago (48.784 h [2000]). Situada ao SO da illa, é o centro da industria petroleira.

    VER O DETALLE DO TERMO