Salgado García, Fernando

Salgado García, Fernando

Xornalista e político. Desde 1991 foi profesor de estrutura económica na Universidade da Coruña. Secretario xeral de Comunicación da Xunta de Galicia (desde 2005), foi cronista do Congreso de los Diputados (1976-1980), deputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia (1989-1994), conselleiro de Economía e Facenda (1987-1990) e secretario xeral da Fundación Galicia-Europa (1988-1990). O seu labor xornalístico desenvolveuse fundamental- mente en Mundo Obrero, La Voz de Galicia -redactor e xefe da sección de Economía (1981-1987) e fundador e coordinador dos suplementos “Economía y consumo” e “Europa”- e en El Progreso, que dirixiu entre 1994 e 2000. Ademais foi delegado da Corporación Voz de Galicia en Lugo. Publicou El Estatuto de Galicia (1976), Cuadernos Galicia-CEE. Sector lácteo (1986), en colaboración con Xaime García e Xosé Colino, Lorenzo Varela: crónica dunha vida atormentada (1995) e Jalisco (2001). Recibiu o Premio Galicia de Xornalismo Económico (1986).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Monterroso