"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • PERSOEIRO

    Físico. Xunto coa súa muller, Ethel Rosenberg (1915-1953) foi acusado de facer espionaxe en favor da URSS na época da caza de bruxas do maccarthismo. Condenados a morte en 1951, foron executados dous anos depois malia as protestas internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático ruso. Subsecretario na Sociedade de Nacións (1934), foi o primeiro embaixador soviético en España (1936-1937). A inxerencia en acontecementos internos como a destitución do xeneral Asensio Torrado, o subsecretario de Guerra, provocou a súa destitución. Ao chegar á URSS (1937) desapareceu a raíz das purgas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa, irmá de Dante Gabriele e William Michael Rossetti. Colaborou na revista The Germ (1850), manifesto dos prerrafaelitas. Escribiu Goblin Market (1862), The prince’s progress (1866) e New Poems (1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Discípulo de Gustave Moreau, arredor de 1898 atravesou unha crise moral e artística, que resolveu cunha orientación profundamente relixiosa ao coñecer a J. K. Huysmans e L. Bloy en 1904. Na súa obra, eminentemente expresionista e caracterizada estilisticamente polos perfís de trazos negros, describiu o sufrimento humano como desherdados da fortuna, pallasos e prostitutas, e representou sobre todo crucifixos e escenas bíblicas, como a serie de gravados Miserere.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo condado de Escocia cuxa capital era Newtown Saint Boswells.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora e escritora, irmá de Xosé Ruibal Argibay. De nova marchou a Bos Aires onde coñeceu a Laxeiro que a iniciou na pintura e que deixou unha fonda pegada na súa obra. De volta en España, trasladouse a Madrid onde se interesou polas pinturas negras de Goya e deseguido comezou a realizar exposicións. Xunto co seu home, Agostiño Pérez Bellas, militou en organizacións de esquerdas e viaxou por Europa. A súa obra caracterizouse pola enerxía do trazo, a brillantez da cor e a temática relacionada co mundo románico popular, de raíz expresionista. Nas súas primeiras obras aproximouse ao surrealismo coa representación, por medio dun debuxo conciso, de seres fantásticos. Posteriormente reflectiu un mundo irónico e tras a morte do seu home a súa produción volveuse onírica, para nas últimas obras decantarse por un minucioso grafismo. Empregou a arte como denuncia e reflectiu as inxustizas das guerras de Vietnam e de Bosnia. Publicou Confesiones de una volatinera con bragas de repuesto al dorso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, irmán de Mercedes Ruibal Argibay. Nado no seo dunha familia republicana, en 1951 marchou a Arxentina e Uruguay, onde entrou en contacto co mundo teatral. Compaxinou o seu labor creador co xornalismo e aproveitou a boa acollida dalgunhas das súas obras para difundir a súa produción en EE UU e Europa. Na súa obra emprega unha linguaxe áxil e constantes xogos expresivos, desmarcándose do teatro realista e á marxe da arte oficialista que se estaba facendo en España na posguerra. Ademais, nos temas tratados tenta expoñer a conflitividade da sociedade contemporánea e a opresión política á que se viu sometido na súa vida. Membro de honra do Actor’s Studio de Nova York, realizou diversas adaptacións das obras de Calderón de la Barca e é autor de La ciencia de birlibirloque (1956), baseada nunha lenda galega; Los mendigos (1957), en que utiliza personaxes zoomórficos; El bacalao (1960), onde analiza o mundo da burocracia; El asno (1962, Premio Modern...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Coñecido como George Santayana, tratou de entroncar o mundo físico co mundo das esencias mediante o espírito humano, o cal co seu esforzo intelectual e os seus sufrimentos fai posible a liberación final dos valores de verdade, beleza e outros. Escribiu The Life of Reason (1906), The Realms of Being (1927-1940) e The Last Puritan (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta finlandés. Escribiu en sueco e afirmouse como poeta orixinal nos Idilli, poemas líricos e épicos da paisaxe de Laponia. Da súa obra destaca Fänrik Stals sägner (As narracións do alférez Stal, 1848-1860), unha especie de romanceiro da guerra ruso-finesa de 1808-1809, composto por 35 baladas, das que a primeira se converteu no himno nacional finlandés en 1848.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, pintor e economista irlandés. Coñeceu a Yeats, que o iniciou na literatura e na teosofía. A súa poesía caracterízase por un certo panteísmo e con frecuencia por unha fonda espiritualidade. Destacan The Earth Breath (1897), Imaginations and Reveries (1915), The House of Titans (1930) e o drama Deirdre (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Marchou a París en 1905, onde entrou en contacto co grupo de Montparnasse. Con S. Macdonald-Wright creou o sincronismo, movemento abstracto con connotacións co orfismo, do que destaca Sincronía en verde (1913). En 1946 volveu a EE UU, onde cultivou a pintura figurativa de tema bíblico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e pensador sueco. Interesado por cuestións literarias, relixiosas e de lingüística, foi parlamentario e membro da Academia Sueca. Da súa obra destacan Dikter (Poemas, 1982), Den siste Atenaren (O derradeiro ateniense, 1895), Singoalla (1865) e Bibelns lära om Kristus (Doutrina da Biblia sobre Cristo, 1876).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constante, inicialmente empírica, que intervén nos espectros atómicos de todos os elementos. O valor de R é 1,097373177(83)× 107 m-1.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico sueco. Estudou as liñas espectrais atómicas de diversos elementos, entre eles o hidróxeno, e estableceu que nelas sempre intervén unha constante, denominada constante de Rydberg, da que determinou o seu valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor belga. Formado en Gante e Bruxelas, descubriu o colorismo e a luz nunha viaxe á Península Ibérica e a Marrocos (1881). En 1884 foi un dos fundadores do Círculo dos XX. En París adheriuse ao divisionismo, conservando unha composición e un debuxo tradicionais como en Octave Maus (1885) ou A lectura (1903), retrato colectivo de intelectuais amigos. Interesouse pola renovación das artes aplicadas, xunto con H. Van de Velde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e mineraloxista. Foi o primeiro director da Escola das Minas (1783). Publicou numerosos traballos de química, xeoloxía e mineraloxía e difundiu a obra de Romé de l’Isle. Rexeitou as novas teorías de Lavoisier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora rusa de orixe armenia. Deuse a coñecer coa recompilación Orientalia (1913). Escribiu novelas sobre a revolución e a guerra civil, como Peremena (O cambio, 1924), novelas de aventuras, reportaxes e estudos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Granada, situada na costa O da illa homónima (4.600 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Florida, EE UU, situada na entrada da baía de Tampa, na costa do golfo de México (248.232 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. De nome Stéphane Georges de Bouhélier- Lepelletier, cultivou o ensaio, a poesía e sobre todo o teatro, no que destaca Le carnaval des enfants (1910). Escribiu tamén unha serie dramática de carácter histórico.

    VER O DETALLE DO TERMO