Ruibal Argibay, Mercedes

Ruibal Argibay, Mercedes

Pintora e escritora, irmá de Xosé Ruibal Argibay. De nova marchou a Bos Aires onde coñeceu a Laxeiro que a iniciou na pintura e que deixou unha fonda pegada na súa obra. De volta en España, trasladouse a Madrid onde se interesou polas pinturas negras de Goya e deseguido comezou a realizar exposicións. Xunto co seu home, Agostiño Pérez Bellas, militou en organizacións de esquerdas e viaxou por Europa. A súa obra caracterizouse pola enerxía do trazo, a brillantez da cor e a temática relacionada co mundo románico popular, de raíz expresionista. Nas súas primeiras obras aproximouse ao surrealismo coa representación, por medio dun debuxo conciso, de seres fantásticos. Posteriormente reflectiu un mundo irónico e tras a morte do seu home a súa produción volveuse onírica, para nas últimas obras decantarse por un minucioso grafismo. Empregou a arte como denuncia e reflectiu as inxustizas das guerras de Vietnam e de Bosnia. Publicou Confesiones de una volatinera con bragas de repuesto al dorso e Y mi voz es tu nombre (1986).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Xeve, Pontevedra

  • Deceso

    Lugar : Madrid