"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • Encadernación que se fai con tapas de cartón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar situado dentro dunha biblioteca onde se gardan ou coleccionan mapas.

    2. Moble especialmente habilitado para gardar mapas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa encargada dunha cartoteca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bolsa de tea ou coiro que se emprega para levar e gardar os cartuchos.

    2. Cinto ancho para levar os cartuchos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Envoltura cilíndrica de cartón, metal, plástico ou outro material que contén unha cantidade determinada de substancia explosiva.

      2. Conxunto inseparable de vaíña e bala empregado nas armas lixeiras e automáticas; na artillería coñécese como proxectil ou munición.

      3. Recipiente cilíndrico que contén tinta, empregado como recambio nalgunhas plumas estilográficas.

      4. Elemento substituíble dalgunhas impresoras, faxes ou fotocopiadoras que contén o tóner ou as tintas necesarias para imprimir documentos en papel, transparencias, acetatos, etc. Algúns conteñen tamén outras partes que son susceptibles de desgaste, como o tambor electrofotográfico, e ao substituír o cartucho cámbianse unha gran cantidade de elementos internos da impresora láser.

      5. Envase compacto e opaco que aloxa unha cinta electromagnética capaz de gravar e reproducir textos, imaxes e sons.

      6. Recipiente cilíndrico ou ovado, de diámetro comprendido xeralmente entre 25 e 52 mm e cunha lonxitude entre 75 e 210 mm, empregado para o transporte pneumático de pequenos materiais.

      7. Elemento recambiable dun cortacircuítos de fusible que consiste nunha cuberta illadora cilíndrica ou prismática que ten no seu interior o fío ou elemento fusible; adoita estar cheo dun material illante (area, líquido, etc) que apaga o arco ao fundirse o fío. Ten dous contactos metálicos nos extremos que serven para fixar o cartucho ao soporte e establecer a conexión eléctrica.

      8. Parte interna extraíble dun ordenador, normalmente pequena e contida nunha caixa de plástico, que pode almacenar datos.

      9. cartucho filtrante

        Envoltura cilíndrica pechada por unha base feita de celulosa purificada e empregada en traballos de laboratorio, especialmente en procesos de extracción. Colócase dentro do cartucho filtrante a substancia que se quere extraer, e este sométese ao paso reiterado de disolvente nun aparello extractor de Soxhlet.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Libro que reúne cunha certa orde expositiva (sistemática, cronolóxica, xeográfica, etc) unha serie de documentos e copias de documentos relativos a un determinado dominio civil ou eclesiástico, e que ten como función máis importante a de conservar e facilitar a consulta dos privilexios, títulos e dereitos dominicais dunha entidade xurídica ou dunha familia. Apareceron por vez primeira en Inglaterra trala conquista normanda, destinados ás fundacións relixiosas, aínda que logo os empregaron particulares e institucións civís. A presentación dos cartularios, polo menos ata o s XIII, adóitase axustar a unhas características determinadas: gran formato (de cuarto maior a folio maior), en pergamiño, con algunhas ilustracións, e escrito a dúas columnas. Os cartularios constitúen unha importante fonte historiográfica. Teobaldo I de Navarra (1201-1253) estableceu as súas leis por escrito e elaborou un Cartulario Magno con todas elas. Destacan o Liber Feudorum Maior (ss XII-XIII),...

      1. Arquiveiro palatino que no Imperio Romano de Oriente tiña ao seu cargo a conservación dos documentos públicos.

      2. En Italia, funcionario civil ou eclesiático encargado da conservación dos documentos públicos e que actuaba tamén como notario.

    2. Libro que levaba o escribán dunha nave para anotar nel os datos de carga e descarga, ademais doutros detalles da contabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mosteiro de monxes cartuxos.

    2. Orde contemplativa fundada por san Bruno no 1084 en Chartreuse, na diocese de Grenoble. O núcleo primitivo da orde foi un grupo de cabanas construídas ao redor dunha capela. A pesar da posterior edificación dun mosteiro, o cenobio conservou a estrutura das celas individuais e independentes, prototipo de todas as cartuxas posteriores. San Bruno non ditou ningunha regra. O quinto prior de Chartreuse, Guigo, compilou no 1128 as Consuetudines, é dicir, as normas que espontaneamente xurdiron na convivencia ao longo da súa historia. Malia a rixidez destas regras, a orde nunca tivo que ser reformada e conservou durante nove séculos o ideal eremítico do fundador. A primeira fundación cartuxa na Península Ibérica foi o priorado de Escaladei (Tarragona), construído por orde de Afonso I o Casto, e fundado no 1163 por seis monxes enviados polo prior xeral da orde. Nos seguintes séculos fixéronse vinteunha fundacións máis, dependentes da Grande Chartreuse ata o 1784, data na que o...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á orde da cartuxa e aos seus monxes.

    2. Membro da orde da cartuxa.

    3. Home taciturno e moi retraído.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e inventor inglés. En 1785 inventou o primeiro tear mecánico utilizable a escala industrial e, en 1789, unha máquina de cardar la. Inventou tamén unha máquina de facer cordas e diversos utensilios agrícolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica inglesa. Participou en diversas series para televisión como Daniel Boone e A lei de Los Angeles. Especialista en personaxes secundarios, os seus papeis están relacionados co xénero de terror. Interpretou os filmes: In Love and War (No amor e na guerra, 1958), The Birds (Os paxaros, 1963), Alien (1979) e Dead in the Water (Morto na auga, 1991). Conseguiu en 1963 o premio Emmy polo seu traballo en Tell Me Not in Mournful Numbers (Dime non con números tristes).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo inglés. Realizou estudios teolóxicos e foi profesor de metafísica en Oxford. A súa obra publicouse postumamente no volume Comedies, Tragicomedies, with other Poems (Comedias, traxicomedias, con outros poemas, 1651).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Pernambuco, Brasil, drenada polo río Ipojuca, a 120 km ao O de Recife (137.636 h [1980]). Importante núcleo de comunicacións, constitúe un dos centros comerciais máis destacados do interior do estado. Predominan as facendas e as plantacións de cultivos tropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas da familia das apiáceas ao que pertence a carvea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cara’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘carpintexar’ ou ‘traballar de carpinteiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘carpintería’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, e tamén do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘carpinteiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘ebanista’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. couza.

    2. Fungo da orde das ustilaxinais, parasito das poáceas; as hifas poden invadir toda a planta e producir esporas semellantes a po negro nas súas flores ou inflorescencias.

    3. Mancha de humidade provocada pola presenza de fungos acompañada sempre de mal olor, produto da fermentación, que aparece na roupa cando se garda húmida.

    4. Espiga de millo pequena, de mala calidade e con poucos grans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé Vázquez Caruncho.

    VER O DETALLE DO TERMO