"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Momento en que o Sol está no punto oposto ao mediodía e que se corresponde coas doce da noite.
-
Momento que se corresponde coa parte central da noite.
-
-
-
Por medio de.
-
Aplícase ao terceiro grao da escala diatónica, que forma a terceira maior na escala maior e a terceira menor na escala menor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de distribución nacional editada na Coruña a partir do 1 de novembro de 1938. Cesou en xaneiro de 1940, co seu traslado a València. Impresa cada mes nos obradoiros tipográficos Roel e dirixida por X. Barcia Goyanes e Luís Moure Couceiro, foi unha publicación de carácter científico e con vocación profesional.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao Mar Mediterráneo e ás terras e países que o rodean.
-
Natural ou habitante da rexión e dos países que rodean o Mar Mediterráneo.
-
clima mediterráneo
Clima típico dos países do Mediterráneo, que lle dan nome, pero non exclusivo, porque aparece nas costas occidentais dos continentes, entre 30° e 40° de latitude, sen ser zonal. Caracterízase polos veráns secos e cálidos, invernos suaves e chuvias que se presentan en primavera e outono, a miúdo torrenciais nesta última estación. Os días con precipitacións son poucos e coinciden con tipos de circulación de índices baixos e grandes ondulacións da corrente en jet. No Mediterráneo occidental, debido ao relevo, fórmanse depresións atmosféricas que, pola inestabilidade do aire local, producen todo o ano, agás no verán, precipitacións intensas. Estas perturbacións adoitan estancarse e producen ballóns e tempestades grandes, con inundacións frecuentes. Fóra do espazo mediterráneo este tipo de clima dáse en California, no S de Australia e de África e no centro de Chile.
-
-
-
Relativo ou pertencente á raza mediterránea ou aos seus representantes.
-
Individuo da raza mediterránea.
-
raza mediterránea
Raza do grupo leucodermo, dolicocéfala, de pel máis ou menos morena e ollos escuros. Ocupa basicamente a Europa Meridional e o N do Sáhara. Comprende dúas subrazas, a iberoinsular e atlantopirenaica.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mar do SL asiático, situado en Indonesia, que abrangue os mares de Xava, Bali, Flores e Banda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Seto-naikai.
-
ENTRADA LARGA
Mar continental, e case pechado, situado entre Europa, ao N, África, ao S, e Asia, ao L. Comunica ao O co Océano Atlántico polo estreito de Xibraltar e ao L co Mar Vermello e, en consecuencia, co Océano Índico, polo canal de Suez (3.000.000 km2).
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
As augas do Mar Mediterráneo e do Mar Negro únense a través dos estreitos do Bósforo e Dardanelos e do mar de Mármara. Desde o punto de vista xeolóxico pódese considerar como un resto do gran xeosinclinal terciario do mar de Tetis. As costas, a miúdo de orixe tectónica, son xeralmente abruptas, aínda que tamén abundan as costas aluviais. Cara ao SL, o litoral é baixo e chan, sobre todo en Libia e Exipto. As costas ramifícanse en moitas penínsulas, entre elas a Ibérica ao O, a Itálica no centro, e a dos Balcáns máis ao L, a península de Anatolia en Asia e as de Tunes e Cirenaica no continente africano. A Península Itálica divide o mar en dúas concas principais: a occidental, ata o estreito de Xibraltar,... -
PERSOEIRO
Escritor e diplomático mexicano. Seguidor da liña política de Madero, emigrou a Cuba perseguido polo seu sucesor Victoriano Huerta. De regreso a México, foi elixido deputado (1928-1930) e desempeñou diversas misións diplomáticas. Gran estudoso da cultura e da literatura maias, da súa obra destacan La tierra del faisán y del venado (1922), El libro del Chilam Balam de Chumayel (1930) e Introdución al estudo de la lengua maya (1943). Foi membro da Academia Mexicana de la Lengua (1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Entre 1584 e 1602 pertenceu á Compañía de Xesús. Seguidor da obra de Horacio e Fray Luis de León, e cun estilo clásico marcado polas escolas salmantina e sevillana do s XVI, é autor de 34 odas e 52 sonetos. Da súa produción destaca a oda “La profecía del Tajo”.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de medrar.
-
Desenvolvemento físico dunha persoa, dun animal ou dunha planta.
-
-
PERSOEIRO
Político. É doutor en dereito pola Universidade de Leningrado, na que impartiu clase entre 1990 e 1999. A partir tamén de 1990, e durante cinco anos, foi conselleiro do Presidente do Concello Municipal de Leningrado. Compaxinou estas actividades con diversos postos nas empresas forestais máis importantes de Rusia, entre elas Bratsk e na gasística Gazprom. En 1999 trasladouse o Kremlin como protexido de Vladimir Putin, que foi elixido presidente de Rusia no ano seguinte. Medvedev é nomeado xefe da Administración en 2003 e dous anos despois, viceprimeiro ministro responsable de programas sociais. No 2008 Putin retírase e Medvedev gaña con facilidade as eleccións presidenciais e nomea a Putin primeiro ministro do seu goberno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico ruso. Percorreu o país recollendo unha perspectiva lúcida e irónica da revolución socialista. Das súas obras destacan Scast’e (A felicidade, 1934), Čudesnica (A nena dos milagres, 1936) e Osvobozhdyonnaya zemlya (Terra liberada, 1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico neerlandés. Estudiou enxeñería física na Escola Técnica Superior de Delft. Traballou como enxeñeiro na compañía Philips e desde 1956 como investigador no CERN. En 1984 recibiu, xunto con Carlo Rubbia, o Premio Nobel de Física polo desenvolvemento da técnica de arrefriamento de antiprotóns.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Manía ou delirio de grandeza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen está afectado de megalomanía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de homes primitivos, da familia dos homínidos, englobado actualmente no xénero Homo, malia que a súa posición sistemática é aínda incerta.
-
PERSOEIRO
Predicador e escritor agostiño alemán. Coñecido como Abraham a Sancta Clara, foi o autor de numerosas obras esexéticas e morais, ademais de coleccións de sermóns. Da súa produción destacan Lösch Wien (1680) e Judas der Ertzschelm (1685-1695).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo meglenorromanés ou ao seu dialecto.
-
Individuo do pobo meglenorromanés.
-
Pobo romanés establecido en Macedonia cara aos ss XI-XII. Foron islamizados polos turcos e despois da Primeira Guerra Mundial perseguidos polos gregos.
-
Dialecto romanés que fala o pobo meglenorromanés na rexión de Macedonia, ao NO de Salónica. Ten fortes influencias eslavas, sobre todo búlgaras.
-
-
PERSOEIRO
Político alemán. Foi un dos dirixentes da tendencia esquerdista do Sozialdemokratische Partei Deutschlands (Partido Socialdemócrata Alemán, SPD), contrario á política de guerra. Fundou, xunto con Rosa Luxemburgo e Karl Liebknecht, o grupo espartaquista (1916) e foi tamén un dos promotores do Kommunistische Partei Deutschlands (Partido Comunista Alemán, KPD).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Folículo sebáceo localizado entre a cartilaxe tarsal e a conxuntiva palpebral. Produce unha secreción especial que, ao secar, constitúe as lagañas. OBS: Tamén se denomina glándula palpebral.