"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Que ou quen inviste.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de conceder un cargo ou unha dignidade.

    2. Acto, durante a Idade Media, polo que o señor entregaba un feudo ao seu vasalo. A investidura consistía na entrega dun obxecto que simbolizaba a potestade señorial e, xeralmente, a cerimonia estaba precedida dun xuramento de fidelidade e homenaxe do vasalo ao seu señor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode investigar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de investigar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen investiga.

    2. Detective privado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer todo o necesario para coñecer algo.

    2. Traballar nunha rama científica para descubrir ou crear algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de investir.

      1. Colocación de diñeiro nunha operación financeira ou nun proxecto coa intención de obter unha rendibilidade futura.

      2. investimento bruto

        Investimento total realizado, sen ter en conta a depreciación dos inmobilizados depreciables.

      3. investimento de carteira

        Investimento en accións dunha empresa con fins lucrativos e non de control.

      4. investimento directo

        Investimento en accións dunha empresa co fin de controlar a súa xestión e dirección.

      5. investimento financeiro

        Aplicación dun capital a activos financeiros. A súa tenencia está relacionada co exercicio do control ou a influencia sobre outras empresas e coa obtención de réditos derivados destes investimentos.

      6. investimento neto

        Investimento total, descontada a depreciación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conferir a alguén un cargo honorífico ou unha dignidade ou poñelo en exercicio de certas funcións.

    2. Facer un investimento de capital.

    3. Dedicar tempo, esforzo ou traballo en algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de materias que ingresan no organismo por vía bucal con finalidade alimenticia.

    2. Dose dunha substancia química, expresada en miligramos por quilogramo de peso corporal por día; a súa inxesta non presenta risco tóxico apreciable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de inxerir algo pola boca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Celebración declarada de interese histórico-artístico, que se leva a cabo en Ribadavia o último sábado do mes de agosto. Existen documentos de finais do      s XVIII que xa citan esta festividade, que se deixou de celebrar en 1868 e que grazas a un estudoso da historia de Ribadavia e ao traballo da Escola Taller “San Andrés” foi recuperada en 1989. Esta tradicional actividade é froito dunha recuperación histórica. O documento máis determinante encontrouse no Arquivo Histórico Provincial de Ourense nun atado que data de 1693 e que pertence ao libro de contas dos procuradores xerais da vila. A actual versión é unha translación no tempo da que se celebraba nesta vila, ata o século XIX, e que se encadraba nos festexos da Virxe do Portal, patroa do Ribeiro. A organización é responsabilidade dun amplo colectivo veciñal que se renova cada ano, e que se denomina Asociación Coordinadora da Festa da Istoria. O seu obxectivo é manter o rigor histórico e respectar as actividades coma no medievo, contribuíndo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario ruso fundado na clandestinidade en 1917. Ao ano seguinte converteuse en voceiro oficial do goberno bolxevique. Coa disolución do réxime soviético (1991), transformouse nun xornal independente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da illa de Saint Helena, colonia británica do Atlántico Sudoriental (1.500 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Activo en Valladolid, foi autor do retablo da igrexa de Santa María de Medina de Rioseco e do altar maior e do sepulcro do bispo Pedro de Gasca na igrexa da Magdalena de Valladolid. Non se conservan os retablos que fixo para o convento das Descalzas Reales de Madrid e para o mosteiro de Montserrat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Madrid polo Real Decreto de 11 de xaneiro de 1907 cando era ministro de Instrución Pública Amalio Gimeno. O artigo 1 de fundación determinaba como competencias o servizo de ampliación de estudios dentro e fóra de España, as delegacións a congresos científicos, o servizo de información estranxeira e relacións internacionais en materia de ensino, o fomento dos traballos de investigación científica e a protección das institucións educativas no ensino secundario e superior. O primeiro regulamento foi publicado o 16 de xuño de 1907. A JAE naceu dentro do espírito gineriano de “europeizar” España e a súa composición orixinal reflicte a influencia da ILE (Santiago Ramón y Cajal, Gumersindo de Azcárate, Xosé Casares Gil, Ramón Menéndez Pidal e Eduardo Vicenti, entre outros). Entre 1906 e 1936 levou a cabo un fecundo labor de extensión cultural ao enviar como bolseiros ao estranxeiro a centos de mestres e inspectores. Aspirábase á formación do persoal docente e a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. As súas obras reflicten un afán incansable de loita pola liberdade, a tolerancia e a xustiza. Publicou novelas como Josef sucht die Freiheit (Josef busca a liberdade, 1927), Glückliche Menschen (Homes felices, 1931), Ferdinand und Isabela (1936) e Die Zeit der Narren (O tempo dos necios, 1966). Ademais, cómpre salientar Dichter Cafe (1959) e o seu primeiro libro de poemas Ich bin der ich bin (Son o que son, 1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán (63.213 km2; 4.366.057 h [estim 2001]). A súa capital é Ahvāz. A base da súa economía baséase nos xacementos de petróleo e nunha refinería na cidade de Ābādān.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Río Gallegos, Santa Cruz 25.2.1950 - El Calafate, Buenos Aires 27.10.2010) Político arxentino. Membro do Partido Justicialista, foi gobernador da provincia de Santa Cruz. En 1996 fundou La Corriente Peronista, liña interna do xusticialismo, e desde 2000 dirixe La Corriente, espazo de debate e pensamento político federal. Nas eleccións de 2003 foi elixido presidente de Arxentina, despois do abandono na segunda volta de C. Menem.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proclama publicada na cidade de Koblenz polo duque de Brunswick o 25 de xullo de 1792, no nome do emperador de Austria e do tsar de Rusia. Conminaba os franceses a restablecer a plena soberanía de Luís XVI. O pobo de París, indignado polo manifesto, atacou o palacio das Tulleries (10 de agosto) e prendeu o rei.

    VER O DETALLE DO TERMO