"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Parte exterior dos xenitais femininos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coroa tecida con flores e ramas.

    2. Motivo decorativo formado por follas, flores e froitos unidos por cintas de maneira que forman un todo continuo que colga por un dos seus extremos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantar o grilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Burato onde vive o grilo.

    2. Gaiola pequena para grilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é agudo e amigo de facer trasnadas.

    2. Aplícase á gaita que ten un ton máis agudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos grílidos.

    2. Insecto da familia dos grílidos.

    3. Familia de insectos ortópteros de antenas longas e setáceas, os machos con aparato estridulador nos élitros, que presentan unha porción ancha e plana formada polo campo axilar e distal, e outra lateral formada polo marxinal e adaptados á forma do abdome, e as femias cun longo oviscapto cilíndrico. Son saltadores, con tarsos de 2 ou 3 artellos, e con ás algúns deles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á ave de rapina que leva cascabeis nas patas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘longaínza (de porco)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de ferro en forma de arco, aproximadamente semicircular, que se pecha ao pasar un porlón polos orificios que hai en cada extremo do arco, especialmente os que se empregan para suxeitar os presos.

    2. Peza de metal, comunmente en forma de U, que atravesa un porlón nos seus extremos e que serve para unir ou afirmar algo, en especial dous anacos de cadea. Pode ser de moitos tipos como xiratoria e revirada.

    3. Medida da cadea de fondeo, que ten aproximadamente 90 pés de lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Nas súas obras alternan os temas lendarios e fantásticos como Die Ahnfrau (A avoa, 1817), a triloxía Das goldene Vliess (O vélaro de ouro, 1820), Die Jüdin von Toledo (A xudía de Toledo, 1824-36) e Der Traum, ein Leben (O soño, unha vida, 1834).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Nome común que reciben diversas especies de insectos ortópteros, da familia dos grílidos, que se caracterizan por teren un corpo grande e robusto, cabeza grosa provista de dous ollos compostos e un par de antenas longas relacionadas co sentido do olfacto e do tacto, a función auditiva realízana uns órganos timpánicos que se localizan nas tibias das patas dianteiras. Son de color parda escura e presentan un tórax con tres segmentos, cun par de patas cada un, e os dous últimos cun par de ás. As ás anteriores atópanse endurecidas e as posteriores son moi pequenas ou desapareceron. Os grilos son insectos saltadores, xa que non poden voar, xeralmente omnívoros, que viven en lugares secos baixo a terra, de costumes crepusculares, aínda que algúns prefiren as horas de máis calor e con ciclos vitais dun ano. Son insectos cantadores, o macho produce un son agudo moi característico rozando os élitros.

      2. grilo común

        [Gryllu

      3. grilo doméstico

        [Gryllu

    1. Peza do muíño, pertencente ao seu mecanismo de rotación, situada na parte inferior do veo, entre o touzo do rodicio e a ra, e que consiste nun cono metálico coa punta redondeada.

    2. [Gryllotalpa gryllotalpa, Fam dos grilotálpidos]

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sensación de noxo que causa algo, especialmente a contemplación, o tacto ou a percepción dun son desagradable.

    2. Desgusto que causa algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe nobre xenovesa favorable ao partido güelfo que se estableceu en Mónaco no s XIII. Entre os membros da primeira dinastía monegasca destacaron Rainiero I Grimaldi (1267-1314), señor de Cagnes-sur-Mer, quen despois de servir como mariño á República de Xénova entrou ao servizo de Filipe IV de Francia como almirante de Francia (1303); Carlos I Grimaldi o Grande (1331-1357), primeiro señor de Mónaco, de Roquebrune e Menton; Honorato II Grimaldi (1597-1662), recoñecido pola monarquía hispánica como príncipe de Mónaco (1633) e nomeado polo rei de Francia duque de Valentinois (1642), conde de Carladez e marqués de Baux; e Luís I Grimaldi (1642-1701), príncipe de Mónaco, embaixador de Francia no Vaticano (1689) e conquistador do Franco Condado. A primeira dinastía de príncipes de Mónaco desapareceu coa morte en 1731 de Luísa Hipólita I de Mónaco , polo que o principado pasou a Honorato...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, marqués e duque de Grimaldi. Ao servizo de España, foi embaixador nas Provincias Unidas e en París, e o encargado de elaborar o terceiro Pacto de Familia (1761), que provocou o enfrontamento directo co Reino Unido. Trala dimisión de R. Wall (1763), foi nomeado secretario de Estado e tralo fracaso da expedición a Alxer viuse obrigado a dimitir (1766). Retirouse a Roma, onde exerceu como embaixador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Militante do PCE desde 1936, foi elixido membro do Comité Central en 1954. Exiliado desde a fin da Guerra Civil, volveu a España en 1959 e fíxose cargo da dirección do partido na clandestinidade. Detido en 1962, foi condenado a morte e executado, acción que deu lugar a fortes protestas da comunidade internacional contra o réxime de Franco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán, irmán de Wilhem Grimm. Profesor xunto co seu irmán na Universidade de Göttingen, iniciaron a filoloxía moderna alemá e dedicáronse ao estudo de lendas populares. Dentro da filoloxía cómpre facer mención á lei fonética, denominada de Grimm (1882). Esta lei explica as principais correspondencias entre as linguas xermánicas mediante unha mutación producida no período prehistórico do xermánico; as consoantes sonoras aspiradas do indoeuropeo perderon a súa aspiración, as antigas sonoras non aspiradas enxordeceron, mentres que as antigas xordas fricativizaron. Esta lei, complementada posteriormente coa lei de Verner, xustificou o principio de regularidade das leis fonéticas a partir do que se puido desenvolver a fonética histórica e comparada. Da súa produción destaca Deutsche Grammatik (1819-1837) e Deutsche Mythologie (1835). Co seu irmán escribiu os contos Kinder und Hausmärchen (1812-1814), Deutsche Sagen (1816-1818) e Deutsches Wörterbuch (1852).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán, irmán de Jacob Ludwig Carl Grimm. Ademais de filólogo, escribiu títulos como Deutsche Heldensage (1829).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de briófitos, da familia das grimmiáceas, que presentan follas pilíferas, cogomelo curvado e caliptra enteira pequena en forma de capuchón.

    VER O DETALLE DO TERMO