Grimm, Jacob Ludwig Carl
Escritor alemán, irmán de Wilhem Grimm. Profesor xunto co seu irmán na Universidade de Göttingen, iniciaron a filoloxía moderna alemá e dedicáronse ao estudo de lendas populares. Dentro da filoloxía cómpre facer mención á lei fonética, denominada de Grimm (1882). Esta lei explica as principais correspondencias entre as linguas xermánicas mediante unha mutación producida no período prehistórico do xermánico; as consoantes sonoras aspiradas do indoeuropeo perderon a súa aspiración, as antigas sonoras non aspiradas enxordeceron, mentres que as antigas xordas fricativizaron. Esta lei, complementada posteriormente coa lei de Verner, xustificou o principio de regularidade das leis fonéticas a partir do que se puido desenvolver a fonética histórica e comparada. Da súa produción destaca Deutsche Grammatik (1819-1837) e Deutsche Mythologie (1835). Co seu irmán escribiu os contos Kinder und Hausmärchen (1812-1814), Deutsche Sagen (1816-1818) e Deutsches Wörterbuch (1852).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Hanau -
Deceso
Lugar : Berlín