"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
CONDADOS
Condado situado na provincia de Connacht, Irlanda (5.586 km2; 111.524 h [1996]). A capital é Caisleán an Bharraigh (6.349 h [1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Traballou para a Hughes Aircraft Compan e, en 1960, seguindo as indicacións teóricas de Townes e Schawlow sobre a amplificación de microondas para a emisión estimulada de radiación, obtivo o primeiro láser a partir dunha variña de rubí sintético.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos malacostráceos.
-
Crustáceo da clase dos malacostráceos.
-
Clase de artrópodos do subfilo dos crustáceos que comprende os representantes máis coñecidos deste grupo. Teñen unha cuncha que recobre o tórax e unha aleta caudal en forma de abano.
-
-
PERSOEIRO
Político. Foi membro, desde 1939, do comité central do PCUS e formou parte do goberno soviético durante a Segunda Guerra Mundial. Colaborou con Stalin e sucedeuno no goberno (1953-1955), pero foi acusado de actividades contra o partido e excluírono do comité central en 1957.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao maléolo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das dúas protuberancias óseas situadas unha na cara interna e outra na externa do extremo inferior da perna e do nocello. A protuberancia externa, maléolo lateral, forma parte do peroné, e a interna, da tibia.
-
-
Relativo ou pertencente ás malesherbiáceas.
-
Planta da familia das malesherbiáceas.
-
Familia de plantas herbáceas ou subarbustivas, da orde das parietais, de flores actinomorfas e hermafroditas e froito en cápsula pechada. Comprende unhas 25 especies propias dos Andes.
-
-
PERSOEIRO
Alpinista inglés. Formou parte da expedición británica de recoñecemento e asalto do Everest (1921 e 1922). Desapareceu nunha terceira expedición en 1924, xunto co seu compañeiro Irving. O seu corpo foi localizado en 1999.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás malpighiáceas.
-
Planta da familia das malpighiáceas.
-
Familia de plantas leñosas, da orde das poligalais, de follas opostas, flores hermafroditas e pentámeras agrupadas en inflorescencias en forma de acio. Coñécense arredor de 600 especies propias de países tropicais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema que dá a intensidade I da luz polarizada que atravesa un analizador.
-
-
Relativo ou pertencente ás malváceas.
-
Planta da familia das malváceas.
-
Familia de plantas, arbustos ou árbores, da orde das malvais, que presentan follas simples e flores actinomorfas, con numerosos estames que forman un tubo e froito en esquizocarpo. Comprende máis de 1.000 especies propias de países cálidos e temperados.
-
-
RIOS
Río da vertente atlántica que forma na súa desembocadura a ría de Betanzos. Nace na parroquia de Roade (Sobrado) e baña os concellos de Sobrado, Curtis, Oza dos Ríos, Aranga, Coirós, Irixoa, Paderne e Betanzos, onde desemboca, na parroquia de Tiobre, tras un percorrido de 52 km. Discorre formando ao límite natural entre os concellos de Aranga e Irixoa, e Coirós e Paderne. Entre os seus afluentes está o Dombrete, o Maizoso e o Ramalleiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao mandeísmo.
-
Seguidor do mandeísmo.
-
-
-
Baile tradicional galego que se executa de xeito semellante á xota, e que é tradicional da zona da Costa da Morte. Os puntos, a diferenza da xota, son valseados e comezan, como na muiñeira, cun movemento adiante e atrás.
-
Composición musical, de ritmo ternario, que acompaña ao baile do mesmo nome e que é propia da música tradicional galega da zona da Costa da Morte. A melodía, aínda que ten o ritmo da xota, non é tan marcada coma esta. Na forma de tocar a pandeireta describe un movemento de vaivén continuo separado por uns golpes secos co puño.
-
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Inscrito na corrente seguidora de Cara- vaggio, imitou as súas escenas de xénero como Baco ou Bonaventura.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente ao maniqueísmo ou aos seus seguidores.
-
Seguidor do maniqueísmo.
-
-
Que ou quen aprecia as cousas segundo os principios absolutos do ben e do mal, sen matices e sen un estadio intermedio.
-
-
PERSOEIRO
Realizador estadounidense. Destacou pola gran variedade de filmes que dirixiu, desde westerns a adaptacións de Shakespeare, marcados pola intelixencia e a sofisticación. Destacan Letter to Three Wives (1949, Oscar ao mellor actor e ao mellor guión, 1950), All About Eve (1950, Oscar ao mellor director e ao mellor guión, 1951), Julius Caesar (1953), The Barefoot Contessa (1954) e Cleopatra (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Capa longa que empregan os sacerdotes e eclesiásticos por enriba da sotana e que noutro tempo empregaron os estudiantes.
-
Capa longa que usaban os alumnos da universidade para diferencialos dos bolseiros dos colexios maiores.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos mantoideos.
-
Insecto da suborde dos mantoideos.
-
Suborde de insectos, da orde dos ditiópteros, formado por individuos que presentan un corpo de tamaño medio ou grande e un primeiro par de patas moi fortes e longas. Son propios das rexións cálidas.
-
-
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (1391-1425), fillo de Xoán V Paleólogo de Bizancio. Acudiu a Occidente (1399) para solicitar axuda contra os turcos de Baiaceto I, pero non a conseguiu. Amigo do sultán Mehmet, conseguiu a recuperación dalgúns territorios e restableceu a orde do Imperio Bizantino. Coa chegada ao poder do fillo de Mehmet I, Murat II, a paz perigou e tivo que someterse ao novo sultán, ademais de pagar un importante tributo. Pouco despois de asinar este tratado retirouse a un convento, onde morreu.
VER O DETALLE DO TERMO