maneo
maneo
-
s
m
[MÚS]
Baile tradicional galego que se executa de xeito semellante á xota, e que é tradicional da zona da Costa da Morte. Os puntos, a diferenza da xota, son valseados e comezan, como na muiñeira, cun movemento adiante e atrás.
-
s
m
[MÚS]
Composición musical, de ritmo ternario, que acompaña ao baile do mesmo nome e que é propia da música tradicional galega da zona da Costa da Morte. A melodía, aínda que ten o ritmo da xota, non é tan marcada coma esta. Na forma de tocar a pandeireta describe un movemento de vaivén continuo separado por uns golpes secos co puño.