"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza diminuída que equivale a un sautor reducido á metade da súa amplitude.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos triángulos que se poñen nos flancos do escudo sen chegaren a tocalo.
-
PERSOEIRO
Avogado e político. Propietario rendista, foi deputado pola sección de Xinzo de Limia (1865-1866), polos distritos de Redondela (1889-1890) e Valdeorras (1893-1895), e senador pola provincia de Ourense (1898-1899).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito e historiador. Relixioso agostiño, publicou obras de teoloxía escolástica. No eido da historia concebiu La España Sagrada, obra da que escribiu os primeiros volumes. Tamén publicou, entre outras obras, Viaje de Ambrosio de Morales por orden de Felipe II... (1765) e Memoria de las reinas católicas; historia genealógica de la casa real de Castilla y León (1761).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘cesteiro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘carteiro’.
-
PERSOEIRO
Trobador provenzal e bispo de Toulouse (1205). Coñecido como Folquet, escribiu dezanove composicións. Na súa obra poética amosa unha gran formación latina e un certo coñecemento escolástico, expón os conceptos máis típicos da fin’amors en argumentacións lóxicas, con siloxismos e paradoxos. Dirixía as súas poesías a Afonso I de Catalunya-Aragón, a Guillerme VIII de Montpellier, Ricardo I Corazón de León ou Afonso VIII de Castela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor portugués. Foi un dos fundadores da revista Presença, inicio do vangardismo na literatura portuguesa. Entre as súas obras destacan Poemas (1925), Mar coalhaldo (1932), Caminhos magnéticos (1938), Rio turvo e outros contos (1945), onde se incluíu o conto O barâo, e Bandeira preta (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico. Doutor en Farmacia e licenciado en Ciencias Químicas. Publicou en 1953 unha síntese que recollía os seus estudios sobre a xeografía botánica da Península Ibérica. Tamén se preocupou pola nomenclatura popular das plantas e da formación do léxico culto para designalas. No seu Dicionario de Botánica (1953), ordena a terminoloxía botánica castelá. No seu tratado de Plantas Medicinals (Plantas Medicinais, 1962) recompilou uns 10.000 nomes populares de plantas nas linguas da Península Ibérica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico de todas as velas triangulares que se pechan entre o pau de proa e o bauprés ou os botalóns dunha embarcación. Polo xeral, empréganse só tres foques, o foque grande, o foque segundo e o foque pequeno ou papaventos. En determinadas circunstancias ízase o foque voante, en tempos de bonanza, e o foque de capa, dunhas reducidas dimensións e moi resistente, no caso de mal tempo; nas regatas emprégase o spinnaker.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘barato’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘enfermidade’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘enfermo’.
-
TERRITORIOS
Territorio da alta Provenza, centrado na cidade de Forcalquier (4.302 h [1999]), situada á dereita de Durance, uns 10 km cara ao interior. Esténdese entre Durance (no límite co condado de Provenza) e os Alpes. Incluía o Gapencès, o Champsaur e o Embrunès. Foi condado independente dende 1054 e con Ramón Berenger V uniuse definitivamente ao condado de Provenza (1209).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Exerceu como fiscal e foi presidente da Academia de Derecho. Publicou Sátira contra los abusos introducidos en la poesía castellana (1782), La cautiva (1784), Oración apologética por España y su mérito literario (1786), glosada en Discursos filosóficos sobre el hombre e Discurso sobre el modo de escribir la historia (1787), La escuela de la amistad o el filósofo enamorado (1795) e Exequias de la lengua castellana (1844).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora e gravadora. Formouse na Academia de Bellas Artes de Bos Aires (1922) e en 1929 trasladouse a París, onde estudiou con Othon Friez. Expuxo no Salon des Tulleries e ao regresar a Bos Aires foi unha das fundadoras dos Cursos Libres de Arte Plástico (1932). As súas obras caracterizáronse polo expresionismo baseado nas figuras dramáticas e nas cores violentas. Obtivo, entre outros, o Premio de Honor do Salón de Bellas Artes de Bos Aires (1955) e o Gran Premio da Bienal de Córdoba (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Iniciouse no terreo do cine policíaco con Embajadores en el infierno (1956) e Amanecer en Puerta Oscura (1957). Posteriormente, a súa carreira consolidouse cunha filmografía constituída por comedias e series para televisión. En 1994 recibiu o Premio Nacional de Cinematografía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
forcanza.
-
Peza dunha embarcación, que ten forma de medio arco, e pola que se meten os remos ou outras varas para evitar que caian.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
galletada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
forcanza.