Forcalquier, condado de

Forcalquier, condado de
Nome científico: [occit: Forcalquièr]

Territorio da alta Provenza, centrado na cidade de Forcalquier (4.302 h [1999]), situada á dereita de Durance, uns 10 km cara ao interior. Esténdese entre Durance (no límite co condado de Provenza) e os Alpes. Incluía o Gapencès, o Champsaur e o Embrunès. Foi condado independente dende 1054 e con Ramón Berenger V uniuse definitivamente ao condado de Provenza (1209).