Temas

Waldstätte

Territorio que na Idade Media comprendía os primitivos cantóns suízos de Uri, Unterwalden e Schwyz.

Máis >
Andaman e Nicobar

Territorio da India (8.249 km2; 322.000 h [1994]). Formado polas illas Andaman e, dende o 1952, tamén polas illas Nicobar. A capital é Port Blair.

Máis >
Hannover

Territorio de Saxonia, en Alemaña setentrional. Formou parte do principado de Calenberg e do Ducado de Brunswick, e en 1692 converteuse en electorado do Sacro Imperio. Os seus dominios estendéronse a outros territorios do antigo Ducado de Brunswick, baixo Xurxo Ludovico de Hannover. Formou parte do Reino Unido entre 1714 e 1837, pero foi ocupado por Napoleón Bonaparte en 1803, quen llo cedeu a Prusia (1806). Invadido novamente polos franceses (1807), tralo Congreso de Viena (1814) recoñeceuse a súa independencia como reino. En 1866 integrouse en Prusia como unha das súas provincias.

Máis >
Agenais

Territorio da Gascuña, no val do Garona, centrado na cidade de Agen. Condado dende o s IX, pertenceu aos condes de Poitiers, aos Plantagenet (1152) -que despois foron reis de Inglaterra- e aos condes de Tolosa (1196). Do ano 1259 ao 1444 foi un punto de fricción entre as coroas de Francia e Inglaterra.

Máis >
Països Catalans

Territorio que comprende a Comunitat Autònoma de Catalunya, a Comunitat Valenciana, a Franja de Ponent, as Illes Balears, Andorra e Catalunya del Nord (parte do departamento francés de Pireneos Orientais). En total, ocupan unha superficie de 69.823 km2, e a comezos da década de 1990 tiñan unha poboación que superaba os 11 millóns de persoas. O criterio principal que se seguiu para agrupar estas entidades foi de orde lingüística. Neste sentido, o termo abranguería todos os territorios onde a lingua propia é o catalán, con algunhas excepcións. Así, por motivos históricos e socioeconómicos incluíronse as terras de fala castelá-aragonesa do interior e do extremo meridional de València, como tamén o Val de Arán, pertencente ao dominio lingüístico occitano. En cambio, por causa do seu afastamento xeográfico, excluíuse o enclave catalanofalante de Alguer, na illa de Sardeña. Desde o punto de vista político os Països Catalans dividíronse en tres estados: Catalunya del Nord, que forma...

Máis >
Transbaikal

Territorio situado entre o lago Baikal ao O (excluíndo o sistema de cordilleiras situadas na beira oriental do lago), a marxe meridional do río Ol’okma ao L, a fronteira da Federación Rusa ao S, e os altiplanos de Baikal setentrional e de Patom ao N. Na súa maior parte é unha rexión montañosa formada por cordilleiras de altitudes entre os 1.400 e os1.600 m, con depresións e vales.

Máis >
Somalia Francesa

Territorio que corresponde coa Costa Francesa dos Somalís, constituída en 1888, ata 1967, cando pasou a denominarse Territorio Francés dos Afares e dos Isses. En xuño de 1977 acadou a independencia, co nome de Xibutí.

Máis >
Amazonas

Territorio federal de Venezuela, no curso do río Amazonas (175.750 km2; 66.668 h [1992]). A capital é Puerto Ayacucho (35.865 h [1991]).

Máis >
Hohenzollern-Hechingen, Condado e Principado de

Territorio do Sacro Imperio Romano-Xermánico no círculo de Suabia pertencente aos Hohenzollern, formado en 1575 polo conde Eitel Federico I sobre a localidade de Hechingen. Trala abdicación do príncipe Federico Guillerme II en favor do rei de Prusia (1849), incorporouse á coroa.

Máis >
Panamá, zona do canal de

Territorio de América Central, situado a ambas as beiras do canal de Panamá (1.676 km2). A actividade do canal ocupa a poboación do territorio, como tamén a unha parte importante dos traballadores do estado de Panamá. En 1903, mediante o Tratado de Hay-Bunau-Varilla, EE UU controlou a zona ata 1979, ano en que se firmou un tratado entre Panamá e EE UU polo que o canal e a zona adxacente pasaron a ser administrados conxuntamente ata 1999, ano en que pasou a soberanía a Panamá.

Máis >
Loading