Marca, condado da

Marca, condado da

Territorio do extremo N de Aquitania, que limitaba ao N con Berry, ao L con Auvernia, ao O con Poitou e o condado de Angulema e ao S con Lemosín. Divídese en Alta Marca, que tivo a súa capital inicialmente en Charroux e logo en Gueret, e en Baixa Marca, con capital en Belac. Parece que foi separado de Lemosín cara a 940 polo duque de Aquitania e concedida como condado a Bosón I o Vello. No s XIII pasou á casa de Lusignan e incorporouse ás posesións da coroa francesa en 1531.