"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
PERSOEIRO
Xornalista. Licenciado en Filosofía e Letras, doutorouse en Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Titulado na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid, foi subdirector de Radio Popular de Ourense, delegado nesa cidade de La Voz de Galicia, director das revistas Auria e Orense e responsable de publicacións da Deputación Provincial de Ourense. Foi correspondente de El País e La Vanguardia e traballou para RNE, El Correo Gallego, La Actualidad Española e Teima.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial fundada en Barcelona en 1959 por Germán Plaza e José Janés. Especializada na edición de obras literarias e de divulgación en castelán, a partir de 1984 integrouse no grupo Printer Industria Gráfica, relacionado co consorcio editorial Bertelsmann. En 1992 creou a Editorial Paradigma e en 1996 adquiriu a Editorial Lumen. Co tempo integrouse no grupo Random House Mondadori.
-
PERSOEIRO
Atleta. Subcampión europeo en Split (1990), proclamouse campión olímpico en 20 km marcha nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992. Foi medalla de bronce no Mundial de Stuttgart (1993) e obtivo a segunda posición na Copa de Europa da Coruña (1996). En 1999 proclamouse campión de España de marcha en ruta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de teatro. Estudou interpretación e dirección de escena con William Layton e Miguel Narros, e posteriormente en Nova York con Stella Adler e Sandford Meinsner. Debutou como director en 1965 en El proceso de la sombra de un burro, de F. Dürrenmatt, obra pola que a compañía recibiu o Premio Nacional de Teatro (1966). Fundador do Teatro Experimental Independiente (T.E.I.) (1965 e 1977) e, con W. Layton e M. Narros, do Teatro Estable Castellano (T.E.C.) (1977 e 1988), foi director do Centro Dramático Nacional (1989-1994). Dirixiu máis de 50 montaxes teatrais, das que destacan Cándido, de Voltaire; La casa de Bernarda Alba, de Lorca, e Divinas palabras, de Valle-Inclán. Recibiu o Premio Nacional de Teatro (1967, 1970 e 1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sindicalista. Foi, xunto con Xosé Pasín Romero, un dos alicerces da Sociedad de Carpinteros de Santiago (1894). De ideario anarquista, emigrou a Vigo a principios do s XX, onde foi un dos organizadores do Centro de Sociedades Obreras de Vigo. En 1910 asistiu ao congreso fundacional da CNT en Barcelona como delegado de tres sociedades de resistencia viguesas e participou no mitin final en representación do obreirismo galaico. Colaborador de La Voz del Obrero, en marzo de 1911 cofundou a Confederación Regional Solidaridad Obrera, e no verán dese ano emigrou a Lisboa, onde exerceu como director dun periódico anarquista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero da poesía occitana medieval caracterizado pola enumeración, por parte do autor, de cousas que lle pracen.
-
PERSOEIRO
Compositor. Discípulo de J. Haydn, ampliou os seus coñecementos musicais en Italia con D. Cimarosa e G. Paisiello. Foi mestre de capela da catedral de Estrasburgo (1783). Establecido en París, converteuse en editor musical e fabricante de pianos. Compuxo obras de ton patriótico durante a Revolución Francesa, ademais de sinfonías, música de cámara e concertos, elegantes e refinados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Esporiz (Monterroso). Consta de varias edificacións con planta en forma de L e dous andares. A construción orixinal sufriu numerosas reformas para orientarse con fins de labranza e para a modernización das vivendas. Destaca o corredor con balaústre da parte posterior e os escudos situados nas entradas principais coas armas dos Salgado e dos Rivera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Tourón (Ponte Caldelas). Presenta planta rectangular cun patio interior. Os remates dos muros, en ameas, confírenlle certo carácter de fortaleza. Ten unha solaina, á altura do piso alto, e varias fiestras, distribuídas polas fachadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Paradela (Meis). Construída durante o s XVI, presenta planta en forma de L, cunha torre ameada situada no ángulo. Na fachada destaca o escudo do s XVIII.
-
FILOSOFOS
Filósofo italiano. Representante do alexandrismo, defendeu a doutrina averroísta da dobre verdade. En De inmortalitate animae (1516) argumentou que a inmortalidade da alma non podía ser demostrada por Aristóteles nin pola razón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado. En 1975 ingresou na Federació Socialista Balear do PSOE. Foi deputado no Congreso (1977-1982 e 1986-1996) e ministro de Administración Territorial (1985-1986). Presidiu o Congreso dos Deputados (1986-1995) e a Federación Socialista Balear.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Verdes (Coristanco). Está formada por dous corpos rectangulares entre os que se sitúa a torre que, a media altura, ten dúas partes saíntes que foron proxectadas como colmeas. Ten cantaría en marcos de vans e esquinais, coa torre e o corpo principal enfuscados. Relacionouse a súa propiedade coa liñaxe dos Candelas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Pontevedra. Datada no último terzo do s XIX, foi realizada por A. e Domingo Rodríguez Sesmero. De planta rectangular, elévase sobre un podio con escaleira de acceso na fachada principal e na posterior. Construíuse en estilo renacentista con reminiscencias barrocas e clasicistas, e ten un xogo de entrantes e saíntes que lle dá á fachada sensación de movemento. No corpo central ten columnas con capiteis xónicos na planta baixa e dóricos na parte superior, e arcos de medio punto en fiestras e portas. Este corpo remata en claraboias e un frontón triangular en que se sitúa o escudo da Deputación Provincial de Pontevedra.
-
PERSOEIRO
Bispo. Monxe en Exipto, viviu en Xerusalén, onde visitaba todos os días os Santos Lugares a pesar do seu reumatismo. Repartiu a herdanza familiar entre os pobres e despois dunha visión de Xesús recuperou a saúde. Foi custodio na igrexa do Santo Sepulcro e, ordenado sacerdote, marchou a Cesarea, onde o investiron bispo de Gaza, lugar en que se impuxo aos pagáns. A súa festividade celébrase o 26 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Juan Díaz Porlier.
-
PERSOEIRO
Político chileno. Ministro de Interior e Asuntos Exteriores, perseguiu os liberais, inmobilizou os militares e respectou o poder eclesiástico e o dos terratenentes. Ditador constitucional desde 1835, a guerra contra Perú e Bolivia (1836) provocou un motín militar en Quillota (Valparaíso) en 1837 e foi fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lámina de metal, marfil ou outro material, que nas misas solemnes se lles daba aos fieis para que a bicasen en substitución do ósculo da paz.
-
GALICIA
Pintor, debuxante e augafortista. Comezou a súa formación artística en Pontevedra, onde tivo como mestre a Castelao, e trasladouse a Madrid para realizar estudos de enxeñaría e belas artes. Durante a súa estancia en Madrid promoveu a Liga de los Derechos del Hombre en España. Aparellador da Deputación de Pontevedra, estivo comprometido coa cultura galega e foi patrón fundador do Museo do Pobo Galego, patrono do Museo de Pontevedra, membro do Patronato do Pedrón de Ouro e correspondente da Real Academia Galega. No eido artístico foi colaborador en Vida Gallega, Faro de Vigo, La Noche e outras publicacións. Destacou no campo do debuxo humorístico (O Trasno) e ilustrou varios libros como Samos de Ramón Cabanillas ou Manuel Curros Enríquez: Biografía (1952), de varios autores. Publicou o libro de debuxos Pontevedra boa vila (1947) e, con A. Rodríguez Fráiz, As pontes do Lérez (1987). En 1980 realizou un plano coa reconstrución...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Doutor en Sagrada Teoloxía e Dereito Canónico, foi presbítero (1901), cóengo tesoureiro (1918), deán (1930) e presidente do cabido da catedral de Santiago de Compostela. Foi tamén catedrático no Seminario Conciliar (1901-1902; 1929-1940). O Papa Paulo VI nomeouno prelado doméstico da Súa Santidade. Escribiu Catecismo Social (1910), Don Diego de Muros, deán de Santiago, obispo de Mondoñedo y de Oviedo y de su colegio de Salamanca (1944), Anotaciones al tumbo A de la Catedral de Santiago (1949), Orígenes del culto al Apóstol Santiago en España (1953), Galicia en los tiempos de los Fonseca (1957), Origen del topónimo Compostela (1958), La Guerra de la independencia en Galicia (1964) e O Cañón de pau (1976). Foi membro correspondente da Real Academia Española, académico de número da Real Academia Galega (1941) e membro do Seminario de Estudos Galegos.
VER O DETALLE DO TERMO