Ponte, pazo da

Ponte, pazo da

Construción situada en Verdes (Coristanco). Está formada por dous corpos rectangulares entre os que se sitúa a torre que, a media altura, ten dúas partes saíntes que foron proxectadas como colmeas. Ten cantaría en marcos de vans e esquinais, coa torre e o corpo principal enfuscados. Relacionouse a súa propiedade coa liñaxe dos Candelas.

Palabras veciñas

Ponte, A | Ponte, A | Ponte, Lorenzo da | Ponte, pazo da | ponteareán -á | Ponteareas | Ponteareas