Ponte, Lorenzo da

Ponte, Lorenzo da

Libretista veneciano. De nome Emanuele Conegliano e de orixe xudía, levou unha vida axitada e fuxiu a Viena, onde colaborou con W. A. Mozart, para quen escribiu os libretos de Le nozze de Figaro (1786), Don Giovanni (1787) e Cosi fan tutte (1790). Na capital austríaca foi poeta oficial da corte do Emperador Xosé II. Pasou a Londres e fuxiu máis tarde a Nova York (1805), onde introduciu a ópera italiana.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ceneda, Véneto

  • Deceso

    Lugar : Nova York