"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Fundou e foi o primeiro presidente de Alianza Liberal. Foi senador (1977-1979) e deputado (1979-1982). Escribiu Qué es la monarquía (1976) e Cuando la transición se hizo posible: el Contubernio de Múnich (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cirurxián alemán. Especializado en cirurxía torácica, inventou e puxo en práctica a cámara pneumática de baixa presión (1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista suízo. Foi profesor de lingüística indoeuropea e de lingüística xeral en Xenebra e catedrático da École Pratique des Hautes Études en París. A dicotomía entre lingua (langue), o sistema de signos, e fala (parole), o acto concreto de cada individuo ao falar; a definición do signo como a combinacón dunha imaxe acústica (significante) e un concepto (significado); a distinción entre sincronía e diacronía; a análise da lingua como unha estrutura onde todo está en relación; o carácter arbitrario do signo lingüístico e a distinción entre as relacións sintagmáticas e as relacións paradigmáticas, son as súas principais achegas á lingüística moderna. Das súas obras destacan Mémoire sur le système primitif des voyelles dans les langues indoeuropéennes (1878), De l’emploi du genitif absolu en sanscrit (1880), pero sobre todo o Cours de linguistique générale considerado como o punto de partida do estruturalismo, que foi preparado polos seus discípulos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e escritor. Influído por Nietzsche, os librepensadores e un certo anarquismo, ocupouse sobre todo das cuestións éticas. Desenvolveu unha intensa actividade en favor da paz en Euskadi. Das súas obras destacan os Apóstatas razonables (1976), Panfleto contra el Todo (1978), Invitación a la ética (1982, Premio Anagrama de ensaio), La tarea del héroe (1982, Premio Nacional de Literatura), Ética para Amador (1991), Sobre vivir (1994), El jardín de las dudas (1994), El contenido de la felicidad (2002), Los caminos para la libertad: Ética y educación (2003) e El gran fraude: sobre terrorismo, nacionalismo y progresismo? (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e escritor francés. Creador da música concreta, a súa obra principal foi Concert de bruits (1948). Compuxo a ópera experimental Orphée (1953), con P. Henry, e Le trièdre fertile (1975). Escribiu Traitè des objets musicaux (1966) e o ensaio Amérique, nous t’ignorons (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Foi o principal representante do pragmatismo en Inglaterra, que denominou humanismo para recalcar a dimensión de satisfacción de necesidades ou utilidades humanas que caracteriza e dá valor a toda manifestación cultural. Corrixiu o relativismo do criterio pragmatista de verdade mediante o principio selectivo de eficacia social. Escribiu Studies in Humanism (1907 e Logic for Use. An introdution to The Voluntarist Theory of Knowledge (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto húngaro. Naturalizado francés, foi o representante da arte cinética. Destacan unha torre espazo-dinámica (1954), Lux I (1957), Chronos I e Musiscope (1960), órgano electrónico que proxectaba formas e cores. Aplicou a técnica e a cibernética á arte e ao urbanismo, en proxectos como La cite cibernetique (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor alemán. Axudante de Gutenberg, herdou a imprenta de Johan Fust en Maguncia e   perfeccionou as técnicas de impresión. Imprimiu o Salterio de Maguncia (1457) e a Biblia latina (1462).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • asculite por hipersensibilidade que afecta principalmente á pel, ás articulacións, ao aparato dixestivo e aos riles e, concretamente, aos vasos pequenos, a causa dunha reacción inmune na súa parede. OBS: Tamén se denomina púrpura de Schönlein-Henoch.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico estadounidense. Realizou os seus estudos sobre enxeñaría eléctrica no Massachusetts Institute of Technology e na University of Illinois. Traballou sobre magnetismo e supercondutividade, onde estableceu unha teoría xunto con J. Bardeen e L. N. Cooper coñecida como teoría BCS, pola que compartiron o Premio Nobel de Física en 1972.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e diplomático. Coñecido como Iorgos Seferis, en 1931 deuse a coñecer cun libro de poemas influído polo simbolismo e o hermetismo. Cónsul en Londres, publicou Mithistórima (1935), Diario de abordo (I-II e o III, dedicado á illa de Chipre) e, postumamente, Diario (1975-1978). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1963.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Geórgios Stylianou Seferiadis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e xornalista. Cofundador do grupo vangardista Devetsil, foi un poeta revolucionario, melancólico e crítico co seu país. Foi o último presidente da Unión de Escritores Checoslovacos. Publicou Mĕsto v slzách (A cidade en bágoas, 1921), Zhasnĕte svĕtla (Apagou os mistos, 1939) e Koncert na ostrovĕ (Concerto na illa, 1968). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1984.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Licenciado en ciencias biolóxicas, foi secretario da comarca da Coruña e secretario confederal de Emprego e Industria e en 2001 foi elixido secretario confederal da Confederación Intersindical Galega (CIG), cargo   para o que foi reelixido en 2005.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén selenio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arco da circunferencia que ten por corda o diámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Número igual a s = (a-b)/2, dados dous números a e b.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hemisférico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ovario soldado parcialmente co tálamo cóncavo da flor.

    VER O DETALLE DO TERMO