"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (1.973 h [2001]). As explotacións gandeiras dedícanse ao gando porcino e bovino. Desenvolvéronse os sectores industriais relacionados coas actividades primarias e algunhas pequenas industrias téxtiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guitiriz baixo a advocación de santa Locaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Illes Balears, situado na illa de Mallorca (7.800 h [2001]). As principais actividades económicas son a construción e o turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (9.064 h [2001]). Os cultivos son principalmente de secaño. A proximidade coa cidade de Igualada favoreceu o desenvolvemento industrial do sector téxtil, alimentario e de pequenos talleres metalúrxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (5.042 h [2001]). A actividade económica máis importante é a industria. As industrias alimentarias derivaron cara á elaboración de viño e cava e de pensos compostos. Conta tamén con industrias da rama metalúrxica e química.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jorge Ruiz de Santayana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Despois de debutar no filme La miel (1979, de Pedro Masó, iniciou unha destacada carreira que lle levou tamén ao medio televisivo. Das longametraxes en que participou destacan Valentina (1982), Si te dicen que caí (1989, Premio Goya ao mellor actor), Amantes (1991), Belle Époque (1992), La niña de tus ojos (1998) e El lobo (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arbusto caducifolio de 2 a 6 m de altura, densamente ramificado, de pólas vimbias, avermelladas ou amarelentas, de follas lineais, co reverso peludo e abrancazado, e de amentos pequenos e sésiles. É frecuente nas beiras dos torrentes, en Europa Central e Meridional.

    2. Vimbio delgado que se obtén da sarga.

    3. Sargo de gran tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena illa do Océano Atlántico, situada fronte a punta Arca, na parroquia de Aguiño (Ribeira).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cervo baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, un castelo sinistrado dunha columna de azul; bordo de goles, cargado de oito flores de lis de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de sociedades e institucións iniciadas en 1948 cando Isaac Díaz Pardo instalou no Castro de Samoedo (Sada) un laboratorio para ensaiar a calidade das terras caolínicas do lugar para a fabricación de porcelana. Ao mesmo tempo estudábase a definición dunha nova empresa para Sargadelos. Neste lugar, a finais do s XVIII, o ilustrado Antonio Raimundo Ibáñez, en base aos recursos naturais daquela bisbarra, proxectou unha empresa siderúrxico-cerámica que foi un exemplo de planificación adiantada ao seu tempo e que se estuda como unha das primeiras iniciativas do capitalismo industrial en España. En 1809 morre Ibáñez, pero o acertado das súas ideas queda demostrado en que as empresas sobreviviron ata 1875, ano en que pecharon definitivamente. Todas estas ideas e iniciativas foron tomando corpo no Laboratorio de Formas, institución teórica ideada por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo para recuperar a memoria histórica e analizar as raíces da linguaxe das formas. En 1963 o Laboratorio de Formas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Raimundo Ibáñez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas, da división das feófitas, co talo de cor parda clara que poden acadar varios metros de lonxitude. Están fixadas por un disco basal e teñen unhas expansións laterais nos eixes secundarios das que saen unhas vesículas aeríferas que lles permiten flotar. Nas costas de Galicia, nas praias e no infralitoral, aparece a especie S. muticum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar situado no Atlántico norte, entre o Mar Caribe e as Ilhas dos Açores. Está considerado como unha rexión única dentro do Océano Atlántico, delimitada polas principais correntes mariñas do Atlántico norte. Recibe o seu nome por ser moi abundantes os bosques de algas pardas do xénero Sargassum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico canadense. Investigou a radioactividade, especialmente a desintegración â, e estableceu o denominado diagrama de Sargent, básico para o estudo deste tipo de desintegracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación do logaritmo do período de semivida dun isótopo radioactivo, en función do logaritmo da variación de enerxía do núcleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe perciforme, de corpo alto e comprimido, de 20 a 30 cm de lonxitude, con 8 dentes incisivos en cada mandíbula e dentes laterais visibles, redondeados e formando diversas fileiras. É de cor gris prata, con bandas pardas lonxitudinais sobre os flancos e unha ampla banda transversal negra sobre a cola, eventualmente estendida tamén sobre as aletas dorsal e anal e con aletas pelvianas negras. Reprodúcense entre xaneiro e marzo e alcanzan a madurez sexual aos dous anos. Na súa etapa adulta son animais carnívoros que se alimentan de crustáceos, moluscos e equinodernos mentres que na súa etapa xuvenil presentan unha alimentación omnívora. Vive en fondos rochosos e areosos en profundidades de ata 50 m.

    2. chaparela.

    3. Peixe mariño litoral que pode chegar a medir 60 cm pero normalmente acada entre 30 e 40 cm de lonxitude. Presenta corpo ovalado, alto e moi comprimido lateralmente, cun fociño alongado e rematado nunha pequena boca. É hermafrodita, primeiro macho e despois femia. Amosa unha coloración prateada, algo máis escuro no dorso e ten unha alternancia de 7 a 9 bandas trasversais anchas con outras estreitas e de coloración máis pálida. As aletas caudal, anal e dorsal están rodeadas de negro. Vive na franxa costeira, sobre fondos rochosos e case sempre por riba dos 50 m de profundidade. De hábitos omnívoros, aliméntase, preferiblemente, de algas, vermes e esponxas mariñas.

    4. Peixe mariño litoral que pode chegar a medir 55 cm pero normalmente acada entre 30 e 35 cm de lonxitude. Presenta corpo ovalado, alto e moi comprimido lateralmente, ollos pequenos, rostro groso continuado por beizos carnosos e grosos. Ten a aleta caudal alta e de lonxitude igual á da cabeza, aletas pectorais máis longas ca as pelvianas e acada no seu cabo distal a orixe da aleta anal, liña lateral completa fortemente arqueada. É hermafrodita, primeiro macho e despois femia. Amosa unha coloración prateada, con cinco bandas trasversais escuras bastante anchas, a última no pedúnculo caudal. As aletas son anegradas. Vive na franxa costeira, sobre fondos rochosos a 30-80 m de profundidade. De hábitos omnívoros, aliméntase de algas e pequenos invertebrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada na marxe dereita da ría de Muros e Noia, na parroquia de Esteiro (Muros).

    VER O DETALLE DO TERMO