"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de insectos coleópteros, da familia dos escarabeidos, cuxa especie máis coñecida é O. eremita, de 3 cm de lonxitude. A súa larva vive no humus e distribúese por Europa meridional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está recuberto de placas óseas.
-
-
Relativo ou pertencente aos osteolepiformes.
-
Peixe fósil da orde dos osteolepiformes.
-
Orde de peixes da clase dos osteíctios que son fósiles do Devónico e presentan o corpo macizo e fusiforme, recuberto de escamas cicloides. Destes peixes saen dúas ramas, unha deu lugar aos anfibios e outra aos celacantos.
-
-
PERSOEIRO
Lingüista alemán. Xunto con K. Brugmann, formulou o programa de innovación -coñecido como innovación dos neogramáticos- dos estudos lingüísticos (1878). En 1881 formulou a lei de Osthoff, pola que, en grego, unha vogal longa se abrevia ante unha soante (r, l, m, n) ou ante as vogais i, u (como segundo elemento do ditongo) seguidas de consoante. Publicou, con K. Brugmann, Morphologische Untersuchungen auf dem Gebiete der indogermanischen Sprachen (1878-1910).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos ostracodermos.
-
Vertebrado agnato da clase dos ostracodermos.
-
Clase de vertebrados agnatos, fundamentalmente de auga doce, que posuían un corpo recuberto dun esqueleto dérmico formado por grandes placas unidas entre si e a cabeza recuberta dun escudo óseo. Presentaban aletas moi pouco desenvolvidas e vivían na auga, onde respiraban por medio de branquias. Alimentábanse do lodo dos fondos dos leitos en que habitaban. Foron abundantes durante o Ordovícico ata a súa desaparición no Devónico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten a forma dunha ostra.
-
GALICIA
Filólogo e escritor. En 1926 ingresou na facultade de Filosofía e Letras da Universidad Central e tivo como mestres a Menéndez Pidal e Navarro Tomás. En 1931 entrou a traballar no Centro de Estudios Históricos e percorreu, na compaña de Julio Atalaya, moitos lugares de Castela, León, e, sobre todo, Galicia e o occidente de Asturias, recollendo materiais para o Romancero general de España (Romancero tradicional de las lenguas hispánicas). Cando se iniciaron os traballos do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI) pasou a formar parte do equipo encargado de facer o labor de campo. Xeograficamente percorreu Galicia e Portugal, as provincias de Valladolid, Segovia e Zamora e parte das de Palencia e Ávila. Estaba traballando no N de Portugal para o ALPI cando estalou a Guerra Civil Española; o 5 de agosto foi entregado polas autoridades lusitanas aos sublevados españois, que o encarceraron sucesivamente en Tui, na illa de San Simón, en Burgos e en Figueirido....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestra e pianista, filla do compositor galego Emilio Otero Val. Formou parte da coral galega Airiños da Terra, do Centro Gallego de Santander, onde organizou un grupo de baile e a sección feminina de gaitas. Recibiu, xunto ao seu irmán, a medalla de ouro do Apóstolo Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Bibliotecaria e investigadora. Traballou na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela durante 25 anos catalogando e clasificando o seu fondo bibliográfico e ademais reorganizou e ordenou os fondos da Biblioteca América. Publicou varias catalogacións dos fondos da biblioteca universitaria compostelá, entre as que destacan Catálogos de la Biblioteca Universitaria (1944-1967) e Más libros y folletos de la Universidad Compostelana, publicada a título póstumo (1982-1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Pensador cristián, opúxose a todo idealismo e inmanentismo. Ademais de obras sobre Abelardo, o escolástico Guglielmo d’Auxerre, o cartesianismo e B. Croce, escribiu Critica dell’idealismo (1936), Metafisica dell’essere parziale (1942) e La tragicità del reale ovvero la malinconia delle cose (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Primeiro conde de Galicia. Membro da familia dos Osorio, mantivo o condado xunto co seu fillo Rodrigo Ovéquiz ata 1090, cando foi outorgado por Afonso VI a Reimundo de Borgoña e Urraca. Encabezaron unha revolta señorial contra o Rei Afonso VI.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de ovo.
-
PERSOEIRO
Sacerdote, profesor e poeta. Doutor en Filosofía, en 1923 ordenouse sacerdote. Foi chanceler-secretario e cóengo-maxistral da diocese de Tui (1941) e mestrescola e arcipreste da diocese de Cádiz-Ceuta. Recibiu a influencia de Fray Luis de León, Félix Lope de Vega, san Xoán da Cruz e santa Tareixa de Xesús e escribiu numerosos artigos, comentarios e poemas de temática relixiosa, dos que destacan “Romance a San Pelayo” (1925), “Canto a Santo Tomás”, “Rimas”, “Cátedra” e “Bodas de Plata”. En 1964 foi elixido académico de número da Real Academia Hispano-Americana de Cádiz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo firmado o 12 de xaneiro de 1988 en Vitoria-Gasteiz por Alianza Popular, Centro Democrático y Social, Euskadiko Ezkerra, Partido Nacionalista Vasco e Partido Socialista de Euskadi-PSOE. Nos 17 puntos dos que consta, os asinantes rexeitaron o uso de violencia e fixaron a erradicación do terrorismo como obxectivo común fundamental da acción de todas as institucións e forzas políticas. Destacaron a figura do Estatuto de Gernika como marco xurídico que debe utilizar a sociedade vasca para acceder ao autogoberno e regular a sua convivencia pacífica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convento situado en Padrón. Construído no s XVIII en estilo neoclásico grazas a unha doazón do bispo de Quito Alonso da Peña, foi inaugurado en 1752 e pertenceu aos Carmelitas Descalzos ata o s XX, cando pasou a mans dos dominicanos. Destaca o seu emprazamento a grande altura e a terraza que o rodea. Na base do conxunto sitúase unha fonte de finais do s XVIII.
-
-
Osteodistrofia fibrosa hipertrófica de evolución crónica e de etioloxía descoñecida, que se caracteriza por un cadro anatómico-radiolóxico que afecta a algúns ósos (a pelve, o sacro ou o fémur). Histoloxicamente hai cambios destrutivos ou osteoclásticos, fenómenos reparativos ou osteoblásticos e esclerose ósea. O conxunto destas anomalías dá a imaxe radiolóxica dun óso en forma de mosaico. Analiticamente pode detectarse un aumento da actividade da fosfatase alcalina no soro e unha excreción urinaria anormal de hidroxiprolina. O tratamento é puramente sintomático. OBS: Tamén se denomina osteíte deformante.
-
Carcinoma da mama, de tipo canalicular, que se manifesta cunha induración e ulceración na mamila.
-
-
PERSOEIRO
Novelista. Despois dunha primeira etapa republicana, marcada pola súa colaboración como crítico radical na Revista Europea e a publicación de obras como Nuevo viaje al Parnaso (1879), na súa obra distínguense dúas etapas claramente diferenciadas pola súa conversión relixiosa (1889). Do primeiro período destacan Marta y María (1883) e La hermana San Sulpicio (1889), e do segundo La alegría del capitán Ribot (1899) e Tristán o el pesimismo (1906). Posteriormente, evolucionou cara ao subxectivismo idealista, que reflectiu en La hija de Natalia (1923), e cara a unha prosa de tema bucólico, como en Sinfonía pastoral (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Catedrático de Francés, da súa produción destacan dous métodos para a aprendizaxe do francés, Philippe et Monique e Boul “mich”, e varios traballos sobre a influencia da literatura francesa en Álvaro Cunqueiro e en Feijoo (Contribución al estudo de las fuentes francesas de Feijóo). Tamén editou e traduciu ao castelán obras de Gustave Flaubert como Madame Bovary (1986), L’education sentimentale (1990), Bouvard et Pécuchet (1999) e Trois contes (1999), e ao galego a obra de Stendhal La chartreuse de Parme (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos paleonisciformes.
-
Peixe da orde dos paleonisciformes.
-
Orde de peixes fósiles, da clase dos osteíctios, que alcanzaban uns 30 cm e tiñan a parte anterior do cranio arredondado, os ollos grandes e a boca ampla e provista de numerosos dentes moi fortes. Son peixes propios do Devónico.
-
-
-
Persoa que demostra pouca intelixencia ou vontade e que se asombra por calquera cousa.
-
Persoa moi crédula.
-
malleira.
-