Paget, enfermidade de
Paget, enfermidade de
-
[PAT]
Osteodistrofia fibrosa hipertrófica de evolución crónica e de etioloxía descoñecida, que se caracteriza por un cadro anatómico-radiolóxico que afecta a algúns ósos (a pelve, o sacro ou o fémur). Histoloxicamente hai cambios destrutivos ou osteoclásticos, fenómenos reparativos ou osteoblásticos e esclerose ósea. O conxunto destas anomalías dá a imaxe radiolóxica dun óso en forma de mosaico. Analiticamente pode detectarse un aumento da actividade da fosfatase alcalina no soro e unha excreción urinaria anormal de hidroxiprolina. O tratamento é puramente sintomático. OBS: Tamén se denomina osteíte deformante.
-
[PAT]
Carcinoma da mama, de tipo canalicular, que se manifesta cunha induración e ulceración na mamila.