"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Sichuan, China, situada ao NL da chaira de Chengdu, na confluencia dos ríos Fou e An-chang (262.947 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Almirante grego. Comandou a frota grega no momento da loita pola independencia e derrotou os turcos en 1824, preto da antiga Mileto e en Navarino, ao ano seguinte. Acabada a guerra, derrotou a frota do ditador rusófilo Kapodistrias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Madrid 1809 - València 1865) Relixiosa. Fundou a congregación de monxas adoratrices ou escravas do Santísimo Sacramento e da Caridade. A súa festividade celébrase o 29 de setembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Material illante que se emprega nas máquinas eléctricas, constituído por láminas de mica aglomeradas con goma, laca ou resinas sintéticas prensadas en quente formando placas. Fabrícase de diferentes tipos, algúns deles moldeables en quente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao micelio.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo estadounidense. Instalado desde a década de 1950 en Nova York, traballou para Vogue e New York Times, especializouse no retrato e foi director das revistas Dance Magazine e Time. Influído pola obra de Atget e máximo representante da fotografía secuencial no camiño entre o movemento conceptual e a inspiración surrealista, foi un dos pioneiros na “fotografía fabricada”. Destacaron a súa retrospectiva no MOMA (1970) e a exposición de 1996 Toward a Social Landscape.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Michelangelo Buonarroti.
-
PERSOEIRO
Industrial. Xunto co seu irmán Édouard Michelin (1859-1940), inventou e construíu os primeiros pneumáticos desmontables para bicicletas e automóbiles. Patrocinou a publicación das guías turísticas e mapas de estradas que levan o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de EE UU (151.586 km2; 9.938.444 h [2000]). A súa capital é Lansing. Está formado por dúas penínsulas separadas polo estreito de Mackinac, que comunica os lagos Michigan e Huron. A península superior está separada de Ontario, provincia de Canadá, polo canal do Norte; o relevo é chan, cunha máxima altitude de 616 m e percorrida por ríos curtos. A península inferior está atravesada desde a baía de Saginaw ata ao SO, por unha depresión formada por un antigo río glaciario. Todo o territorio está cuberto por lagos de orixe glaciario. O clima é continental. Os bosque de coníferas e bidueiros ocupan o territorio, agás o SO onde domina a pradaría . As cidades principais son Detroit, Grand Rapids, Flint, Livonia e Ann Arbor. Cultívase cebada, remolacha azucreira, patacas e froita. Tamén destacan recursos minerais como o ferro, o sal, o cobre, o petróleo e o gas natural. É moi importante a industria do automóbil, localizada principalmente en Detroit.
-
LAGOS
Lago de EE UU, situado na rexión dos Grandes Lagos, cunha profundidade entre os 176 e os 281 m e unha extensión de 58.016 km2. Está conectado co lago Huron polo estreito de Mackinac. As súas augas bañan os estados de Michigan, Wisconsin, Illinois e Indiana, e os principais ríos emisarios son o Manistee, o Muskegon, o Grand e o Kalamazoo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado do O de México, situado na costa pacífica (59.928 km2; 3.985.667 h [2000]). A capital é Morelia. O relevo é accidentado ao N pola Cordillera Neovolcánica, de actividade volcánica recente, e ao S polo extremo NO da Sierra Madre del Sur. O clima é temperado ao N e tropical chuvioso no centro e na costa. A poboación concéntrase maioritariamente ao N. A agricultura e a gandaría son as actividades económicas máis importantes, co cultivo de froita, algodón, cana de azucre e a explotación porcina e bovina. Ten industrias téxtiles e alimentarias.
-
PERSOEIRO
Gravador. Foi proxectista de selos na Fábrica Nacional de Moneda y Timbre e ilustrou libros como El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha. Publicou Breve historia del aguatinta: de Goya a Picasso (1972) e Técnicas e historia del Grabado Original (1974). Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de métodos e técnicas da análise química que se emprega no estudo de mostras de substancias da orde dos microgramos. Os métodos máis aptos para mostras moito máis pequenas constitúen a ultramicroanálise, e os aptos para mostras ao redor do decigramo ou do centigramo, a semimicroanálise. A pequena escala de traballo esixe o uso de reaccións químicas especialmente sensibles e selectivas ou específicas e de técnicas de traballo moi elaboradas de procedementos de medida moi exactos. A microanálise é esencial cando se ten que examinar material perigoso (radioactivo ou explosivo), cando se dispón dunha mostra única, rara, ou moi pequena, ou cando se necesitan os resultados moi rápido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben diversas enfermidades dos vasos sanguíneos máis pequenos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Balanza analítica que permite pesar mostras de poucos miligramos cunha precisión de milésimas de miligramo.
-
-
Relativo ou pertencente aos microbios.
-
Que está causado por microbios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gametanxio que produce microgametos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de gran precisión mediante o que se pode manexar utensilios, como pinceis, pipetas ou agullas, de dimensións microscópicas, para efectuar operacións moi delicadas como a inxección de substancias nunha célula, a disección de microorganismos, a montaxe de compoñentes electrónicos ou a microcirurxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manómetro moi sensible, capaz de detectar pequenas variacións de presión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo que só pode ser visto mediante unha lupa ou un microscopio.