microanálise

microanálise

(< micro- + análise)

s f [QUÍM]

Conxunto de métodos e técnicas da análise química que se emprega no estudo de mostras de substancias da orde dos microgramos. Os métodos máis aptos para mostras moito máis pequenas constitúen a ultramicroanálise, e os aptos para mostras ao redor do decigramo ou do centigramo, a semimicroanálise. A pequena escala de traballo esixe o uso de reaccións químicas especialmente sensibles e selectivas ou específicas e de técnicas de traballo moi elaboradas de procedementos de medida moi exactos. A microanálise é esencial cando se ten que examinar material perigoso (radioactivo ou explosivo), cando se dispón dunha mostra única, rara, ou moi pequena, ou cando se necesitan os resultados moi rápido.