"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (1041-1042). Subiu ao trono á morte do seu tío Miguel IV, que o fixera adoptar pola Emperatriz Zoé. De xeito inmediato, tentou retirar á emperatriz nun convento, pero o pobo rebelouse. Foi cegado e recluído nun convento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (1056-1057). Designado polo emperador, sucedeu a Teodora no trono imperial. Tivo que enfrontarse a unha insurrección dirixida por Teodosio, presidente do Senado e, en África, á rebelión dunha parte do exército, que proclamou emperador a Isaac I Comneno. Ao ver que as súas tropas leais eran derrotadas en Nicea e que o pobo de Constantinopla o rexeitaba, abdicou (1057).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (1071-1078), fillo e sucesor de Constantino X. O seu reinado foi unha sucesión de desastres: insurrección dos búlgaros, incursións dos pechenegos en Macedonia e Tracia ou revoltas dos selxúcidas en Armenia. Impotente para afrontar unha situación tan difícil, abdicou e abrazou o estado eclesiástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arcanxo. No Antigo Testamento é presentado como defensor do pobo e na Apocalipse loita cos seus anxos contra o dragón. En Occidente identifícase co que acompaña e pesa as ánimas. O seu culto difundiuse na Idade Media por todo Occidente a partir, sobre todo, das aparicións que lle foron atribuídas no monte Gargano (s VI), sobre a tumba de Adrián no castelo Sant’Angelo en Roma (950) ou en Mont Saint-Michel (708). A iconografía dos primeiros séculos representábao cunha túnica branca, lanza e escudo; como o acompañante das ánimas ou no momento de pesalas. Un dos temas máis frecuentes é a súa loita co dragón. Os seus atributos persoais son unha espada na man dereita que brande cara a un demo monstruoso asoballado baixo os seus pés, e unha balanza na man esquerda para pesar as ánimas ou un escudo no que se pode ler Quis ut Deus (Quen coma Deus?). A súa festividade celébrase o 29 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Especializado en temas relixiosos e colaborador habitual da revista Encrucillada, participou no proxecto de tradución da Biblia ao galego. Da súa obra cómpre salientar Graciñas, La Teología de la Liberación y su método: estudo en Hugo Assmann y Gustavo Gutiérrez (1976), Temos carta de Deus (1994) e Profecía dun capitán Trono: quén coma Deus (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Estudou latín e humanidades no convento franciscano de Herbón e realizou a carreira eclesiástica no seminario de Santiago de Compostela. Colaborador das publicacións Galicia e Suevia, das súas obras cómpre salientar Presbítero. Poesías (1905), Pío X (1906), 12 de Octubre. Evocaciones. Canto secular (1910), Pro Aris et focis (1912), Hermosa y fuerte (1912) e Vox Clamantis (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Ingresou nas Juventudes Tradicionalistas (1945), das que chegou a ser delegado en Galicia. Colaborou con diversos xornais como La Noche e El Correo Gallego. Publicou La expedición del general Don Miguel Goméz por el Reino de Galicia en 1836 (1848) e A donde vamos? (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e tradutor. Doutorouse (1950) en Filoloxía Clásica pola Universidad Central de Madrid. En 1952 obtivo a cátedra de Lingua e Literatura española no Instituto Nacional de Ensino Medio de Betanzos (1952). Fundou e dirixiu o boletín informativo Albor e traduciu numerosas obras ao español de autores como S. Kierkegaard, A. Schopenhauer, F. W. Nietzsche, Descartes, Platón e Plotino. Entre as traducións destaca Historia del Pensamiento (1958-1968), de Jacques Chevalier, pola que recibiu o Premio Nacional de Tradución Fray Luis de León (1968). É autor de En torno al romanticismo alemán (1949), La tragedia y los trágicos griegos (1973), La comedia y los cómicos griegos (1979) e Colaboración al estudo del habla brigantina e Historia y vicisitud del periodismo brigantino (1980).   Recibiu, ademais, o Premio Nacional da Delegación Provincial de Información y Turismo da Coruña (1956) e o de Colegiado Distinguido y de Honor del Colegio de Doctores y Licenciados en Filosofía y Letras y en Ciencias...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro militar. Proxectou o edificio que ía ser destinado a Arquivo do Reino de Galicia, en Betanzos, nunha liña cargada de sobriedade, rectangularidade e racionalidade. En 1769 o arcebispo Rajoy encomendoulle o proxecto de varias obras no cuartel de Santiago de Compostela, convertido daquela nun hospicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor teatral. Comezou escribindo en revistas humorísticas, como La Ametralladora, ata que fundou en 1941 La Codorniz. Tamén tivo presenza no mundo do cine, con colaboracións nos guións dos filmes Bienvenido Mr. Marshall (1953) ou Viva lo imposible (1958). Escribiu comedias en que introduce unha renovación do xénero cómico, cun humor suave, entre patético e desencantado. O seu primeiro éxito teatral foi Tres sombreros de copa (1932), estreada en 1952, ao que seguiron Sublime decisión (1955), Maribel y la extraña familia (1959) ou Ninette y un señor de Murcia (1964). Recibiu o Premio Nacional de Literatura (1964), dúas veces o Premio Nacional de Teatro e foi membro da Real Academia Española (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. Coñecido como Argiris Eftaliotis, foi un dos autores máis relevantes da poesía da Grecia de principios do s XX, como S. Mirivilis ou Ilias Venezis. Cultivou a poesía, o teatro e a narrativa, e da súa produción destaca Nēsiótikes Historíes (Historias das illas, 1894).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Publicista, sociólogo e crítico ruso. Como teórico do movemento revolucionario dos narodniki (populistas), tivo unha grande influencia entre os intelectuais rusos da época. Inimigo do determinismo histórico, deulle moita importancia ao heroe intelectual como dirixente revolucionario das masas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Coñecido como Andrej Končalovskij e irmán de Nikita Mikhalkov-Končalovskij, converteuse nun dos máximos expoñentes do denominado “novo cine soviético”, reflexivo e crítico. Das súas películas destacan D’ad’a Van’a (Tío Vania, 1969), Sibiriada (1979), Runaway Train (1985), Tango & Cash (1989), The Inner Circle (1991) e Dom Durakov (A casa dos parvos, 2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Durante a Segunda Guerra Mundial residiu en Reino Unido, onde foi vicepresidente (1940-1943) e presidente (1943-1945) do goberno polaco no exilio. Vicepresidente dun goberno de unidade nacional (1945), exiliouse despois das eleccións de 1947, favorables aos comunistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político xeorxiano. Foi ministro de Comercio ata 1955 e vicepresidente do Consello de Ministros soviético (1955-1964). No XX Congreso do PCUS (1956) atacou o culto á persoalidade de Stalin e acreditou a política de Khruščov. Foi presidente do Presídium do Soviet Supremo (1964-1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral da aviación soviética e construtor de avións xeorxiano. Membro da Academia de Ciencias da URSS, a partir de 1939 deseñou, xunto con M. O. Gervič, os avións da serie MIG. Recibiu o Premio Stalin en 1946, 1949 e 1952.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor húngaro. Foi un dos grandes creadores do realismo do seu país. A súa primeira grande obra foi Tót atvafiak (Os labregos eslovacos, 1881), historias de pastores no norte de Hungría. Destacaron tamén Szent Péter esernyöje (O paraugas de San Pedro, 1895) e A fekete város (A cidade negra, 1911), e agudizou as súas críticas en Különös házasság (Unhas vodas estrañas, 1900) e A Noszty fiú esete Tóth Marival (O caso do rapaz Noszty con Maria Tóth, 1908)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e escritor. Catedrático de Literatura na Universitat de Barcelona, comezou a súa carreira literaria en El Vapor (1836), órgano difusor da Renaixença. Publicou diversos traballos sobre poesía tradicional catalá (Romancerillo catalán, 1853), literatura trobadoresca (De los trovadores en España, 1861) e epopea castelá (De la poesía heroico-popular castellana, 1874). Dedicouse á crítica literaria e da arte, e ao estudo das literaturas catalá, castelá, francesa, occitana, inglesa e alemá. Historiador da literatura catalá, a súa Ressenya històrica i crítica dels antics poetes catalans foi premiada nos Jocs Florals de 1865. Presidiu os Jocs Florals en dúas ocasións e a Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona (1861-1878). O seu discípulo Marcelino Menéndez Pelayo publicou postumamente as súas Obras completas (1888-1896), en oito volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de dúas colectáneas medievais, unha continuación da outra, relacionadas co culto á figura do mártir san Vicente. O comezo desta devoción sitúase en 1173, cando depositaron as súas reliquias na catedral de Lisboa, despois de ser recuperadas no Promontório Sacro, no Algarve. Os únicos testemuños que hai destas dúas coleccións son fragmentarios, aínda que se pode datar a primeira a redor de 1180, baixo a autoría do mestre Estevão, e a segunda anos antes de 1248.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantigas de Santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO