Milagres de San Vicente

Milagres de San Vicente
[LIT]

Conxunto de dúas colectáneas medievais, unha continuación da outra, relacionadas co culto á figura do mártir san Vicente. O comezo desta devoción sitúase en 1173, cando depositaron as súas reliquias na catedral de Lisboa, despois de ser recuperadas no Promontório Sacro, no Algarve. Os únicos testemuños que hai destas dúas coleccións son fragmentarios, aínda que se pode datar a primeira a redor de 1180, baixo a autoría do mestre Estevão, e a segunda anos antes de 1248.