milagre

milagre

(< lat miracŭlu)

  1. s m

    Feito extraordinario que se produce en contradición co lóxico e esperable.

    Ex: Foi un milagre que conseguise o emprego co seu currículo.

  2. s m [RELIX]

    Fenómeno extraordinario, acontecido no universo da experiencia humana e que non se pode explicar por causas naturais, senón que ten como orixe inmediata a divindade. Desde un punto de vista antropolóxico, é aquela representación no eido da relixión que tende á superación da estreiteza do tempo e do espazo, mediante a anulación das chamadas leis naturais. No universo das relixións, as accións milagrosas acompañan as vidas dos grandes personaxes como Buda, Xesús, Zaratustra ou Mahoma, como forma de testificación da súa misión e da súa forza divina.

Frases feitas

  • Bo milagre! Expresa que algo non sorprende.

  • Facer milagres. Realizar algo con escasos medios.

  • De milagre Contra todo prognóstico.

  • Un milagre de. Unha gran cantidade de algo.