Milagres, Nosa Señora dos

Milagres, Nosa Señora dos

Santuario situado no cumio do monte Medo, en Baños de Molgas. Rematado en 1771, o interior caracterízase pola sobriedade: ten tres naves, que se corresponden coas tres portadas da fachada, destacando a central, na que se sitúa un balcón cun altar maior para as solemnidades. Destaca a gran cúpula do cruceiro, o retablo maior. Presenta unha monumental fachada de estilo barroco, con catro torres levantadas a partir dunha cornixa e que se coroaron con cúpulas; as dúas centrais, de maior tamaño que as dos extremos, albergan as campás. O atrio da entrada está enlousado e pechado por un muro con asento corrido. O 8 de setembro celébrase unha romaría arredor do santuario.

Palabras veciñas

Milagres de San Vicente | Milagres de Santa María | Milagres, Libro dos | Milagres, Nosa Señora dos | milagroso -sa | Milán | Milán