"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Que impulsa a mineralización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico inglés. Comezou dirixindo obras teatrais como A Little like Drowning ou Made in Bangkok. Da súa produción destacan os filmes Truly Madly Deeply (1991), The English Patient (1996), que recibiu nove Oscar, entre eles o de mellor director (1997), The Talented Mr. Ripley (1999), Play (2000) e Cold Mountain (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, situado no límite coa Comunitat Valenciana e drenado polo río Cabriel (2.289 h [2001]). A súa economía céntrase na agricultura, na apicultura e en pequenas industrias de materiais de construción, de madeira e destilación de alcohol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante humorístico. Foi o máximo representante do humor burgués da posguerra. Comezou a traballar en La Codorniz aos 27 anos e fundou o semanario Don José (1955). Debuxante en ABC, creou os personaxes de Gundisalvo e Hombres-piedra. Publicou libros de humor gráfico, como Historia de la gente (1954), creou guións para teatro, radio e televisión e realizou curtametraxes. Publicou as novelas Las Palmeras de Cartón (1948) e Adelita en su Desván (1991). Membro da Real Academia Española (1987), recibiu numerosos galardóns como a Medalla de Oro de las Bellas Artes, o Premio Larra (1962), o Premio Ondas (1976) e o Premio Nacional de Periodismo (2003). Desde 1967 o grupo Prensa Española outorga o Premio Mingote ao mellor traballo de periodismo gráfico do ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Mingrelia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Mingrelia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo mingreliano.

      2. Individuo do pobo mingreliano.

      3. Pobo caucásico, establecido en Xeorxia, na rexión que lle dá nome, que corresponde en parte a antiga Cólquida.

    1. Lingua kartveliana do phylum caucásico, de características moi semellantes ao xeorxiano, que fala o pobo mingreliano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que mingua.

      1. Aplícase ao intervalo de tempo da fase lunar comprendido entre a Lúa chea e a Lúa nova.

      2. Aspecto que presenta a Lúa cando só se ve iluminada a cuarta parte do disco.

    2. Descenso da marea e tempo que dura.

    3. Diminución do nivel das augas dun río.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Director e presentador dos programas El Tranvía e El Debate en Televigo e correspondente en Vigo de El Mundo Deportivo de Barcelona. É técnico de radiodifusión e televisión. Foi locutor radiofónico en Radio Vigo-Cadena SER (1965-2000), onde dirixiu o programa de tema social e político Las cuestiones de cada día. Ademais, realizou entre 1984 e 1989 o programa Sin distancias, en que se conectaba a Cadena SER-Galicia con Radio Excelsior de Bos Aires. A partir de 1989, e desde o programa Recorriendo España, emitido por Radio El Mundo, ofrece información sobre os acontementos máis destacados para a colectividade galega. Organizador da homenaxe anual a Carlos Gardel en Vigo, foi condecorado coa Orden de Mayo al Mérito, no grao de oficial, polo goberno arxentino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - Roma 362) Mártir romana. Déuselle morte baixo o imperio de Xuliano, e os seus restos foron sepultados nas catacumbas de Santa Inés. En 1804 o seu cadáver foi exhumado e en 1848, un emigrante da Amaía, Luís Tobío, retornou a Galicia traendo consigo as reliquias. Nun principio foron depositadas na sancristía da igrexa parroquial de San Fins de Brión, para posteriormente trasladalas a un templo dedicado á súa honra. Iconograficamente representase como unha rapaza nova vestida co traxe das doncelas patricias. É a patroa de Brión. A súa festividade celébrase o 26 e o 27 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático lituano. Fixo investigacións sobre xeometrías non euclidianas e deu unha interpretación xeométrica da relatividade especial de Einstein, mediante o espazo cuadridimensional que leva o seu nome. Recibiu o Premio da Académie des Sciences de París (1882) por establecer as bases da teoría das formas cadráticas con coeficientes enteiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Coñecido como Vincente Minnelli, comezou a súa carreira como director artístico. Destacou sobre todo na realización de filmes musicais innovadores, e caracterizouse polo seu estilismo visual. Da súa filmografía destacan Cabin in the Sky (1943), An American in Paris (1951, gañadora de seis Oscar, 1952), The Band Wagon (1953), Gigi (1958, Oscar ao mellor director, 1959), The Sandpiper (1965) e A Matter of Time (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poesía lírica cortesá propia de Alemaña (ss XII e XIII) que estaba destinada a ser recitada co acompañamento de diversos instrumentos de corda. Diferénciase da poesía amorosa dos trobadores franceses pola inserción de diversos elementos non amorosos dentro da canción. Expresaba os sentimentos e ligazóns convencionais entre o poeta e a dama, e a carón do amor, aparecían sempre o gozo e a coita que o acompañaban, a saudade, a separación e a chegada da alba (Tagelied). Distínguense o lied, poema cantado, o spruch, poema recitado, e o leich, poema cantado cunha versificación libre. É famosa unha compilación lirica coñecida como Códice de Manesses ou d.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de poetas alemáns dos ss XII e XIII que cultivaron o xénero poético minnesang. Aínda que se descoñece a orixe deste xénero, é evidente que os minnesänger, que pertenceron primeiro ao círculo nobiliario e que foron máis tarde eclesiásticos ou simples burgueses, recibiron a influencia da lírica trobadoresca francesa e occitana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao elemento dun conxunto ordenado A que é menor que calquera elemento dun subconxunto B dado.

    2. Dada unha sucesión ou serie de números reais, aplícase á sucesión ou serie con termos que non son máis grandes que os respectivos da sucesión ou serie dada.

    3. Dada unha función, cuxos valores pertencen a un conxunto ordenado, minorante do percorrido da función.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Escribiu novelas realistas e humorísticas, poesía e traducións de obras españolas. Das súas obras destacan Écrit sur l’eau (1908, Premio Goncourt), L’aventure de Thérèse Beauchamp (1914) e L’ouef de Colomb (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, director teatral e cinematográfico e guionista. Coñecido como Paco Mir, destacou como membro do grupo Tricicle (1979). Dirixiu as obras de teatro La cena de los idiotas (2001), Coneixes en Prosineckty? (2004) ou Nadie es perfecto (2004) e o filme Lo mejor que le puede pasar a un cruasán (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Influído por Lope de Vega, pero con características propias de Góngora, escribiu diversos autos sacramentais, como El sol de medianoche; dramas relixiosos, como La mesonera del cielo e El esclavo del demonio (1612); comedias históricas, como El ejemplo mayor de la desdicha; de costumes, como La fénix de Salamanca e Lo que puede una sospecha; e bíblicas, como El clavo de Jael e Vida y muerte de san Lázaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Desenvolveu un estilo festivo e provocador, tal e como se reflicte nos seus filmes Con el culo al aire (1981), Karnabal (1985, Premio de la Generalitat de Catalunya, 1986), Daniya, el jardin de Harén (1988) e El rey del mambo (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Zas. Construída no s XVIII, conserva pouco da estrutura primitiva. A igrexa, reformada a mediados do s XX, ten planta de cruz latina e cuberta abovedada. A ábsida, poligonal, foi respectada e a fachada conta cunha porta arquitrabada, unha ventá cun arco de medio punto e un ollo de boi. en un retablo do s XVIII. A espadana, dun só corpo, tres vans e dous arcos de medio punto está coroada por un frontón triangular rematado por pináculos e unha cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor. Colaborou en diversas publicacións e xornais como Arco da Vella, El Ideal Gallego, Man Común, A Nosa Terra ou La Voz de Galicia. Autor das traducións ao galego de Xaime Quessada (1981), de Francisco Pablos, e A descuberta de Harry (1994), de Matthew Lipman, escribiu o poemario Xénese e apocalipse (1981) e Manuel para escritores e outras sátiras (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Guia de Peregrinos

    VER O DETALLE DO TERMO