Mingote Barrachina, Antonio
Debuxante humorístico. Foi o máximo representante do humor burgués da posguerra. Comezou a traballar en La Codorniz aos 27 anos e fundou o semanario Don José (1955). Debuxante en ABC, creou os personaxes de Gundisalvo e Hombres-piedra. Publicou libros de humor gráfico, como Historia de la gente (1954), creou guións para teatro, radio e televisión e realizou curtametraxes. Publicou as novelas Las Palmeras de Cartón (1948) e Adelita en su Desván (1991). Membro da Real Academia Española (1987), recibiu numerosos galardóns como a Medalla de Oro de las Bellas Artes, o Premio Larra (1962), o Premio Ondas (1976) e o Premio Nacional de Periodismo (2003). Desde 1967 o grupo Prensa Española outorga o Premio Mingote ao mellor traballo de periodismo gráfico do ano.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Sitges