"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘xoia’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra dos Pireneos, en Navarra. A súa cota máis alta é o coto de Beriain (1.494 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Santiago de Compostela. Outros apelidos relacionados con esta caste son Andia, Andeas, Andegas, Andes e Andillas. As súas armas levan, sobre campo de azur, unhas andas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao grupo humano ándido.

    2. Designación racial proposta por E. von Eickstedt (1934) para o grupo humano surpacífico.

    3. Individuo do grupo humano ándido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘xoieiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos Andes, á rexión dos Andes ou aos seus habitantes.

    2. Habitante dos Andes ou da rexión dos Andes.

    3. Área cultural de América do Sur que se estende, aproximadamente, entre os 2° latitude N e os 30° latitude S na rexión dos Andes.

      1. Rexión bioxeográfica neotropical que comprende os pisos superiores dos Andes, dende o centro de Chile e Arxentina ata Colombia e o Ecuador.

      2. Rexión natural de América do Sur que comprende toda a área occidental do continente pola que se estende o cordal dos Andes e as rexións costeiras dende o N de Colombia ata a Terra do Fogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de enreixados, de estilo plenamente renacentista. Creou as reixas da capela maior da catedral de Palencia (1520), das dúas capelas da catedral de Burgos e da capela do corazón de Santa María (1532), en Medina de Rioseco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada en 1969 en Bogotá coa finalidade de formar un mercado común andino. Os asinantes foron Bolivia, Colombia, Ecuador, Perú e Chile; Venezuela adheriuse en 1973 e Chile separouse en 1976. A organización ten o nome oficial de Acuerdo de Cartagena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de linguas amerindias de Sudamérica que inclúe a maioría das máis faladas que se conservan neste grupo, entre elas: o quechua, o guaraní e o aimará. Consta de catorce familias e algunhas linguas illadas. As familias máis importantes son: o arauco, o tupí, o quechua e o aimará.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Doutor en Teoloxía, licenciado en Filosofía e diplomado en Técnicas Educativas. Profesor no Seminario Maior San Xosé de Vigo e no Seminario Menor de Tui (centros nos que tamén é rector), no Instituto Teolóxico Compostelán, na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Vigo e no Instituto Superior de Ciencias Relixiosas San Agustín. Delegado episcopal de apostolado segrar, delegado de pastoral universitaria e delegado episcopal de diversos medios de comunicación. Durante vinte e un anos formou parte do equipo de pastoral do Secretariado Nacional de Formación Profesional da Comisión de Ensino da Conferencia Episcopal Española. Foi membro do consello de prebisterio de Tui-Vigo, do Consello Nacional de Rectores de Seminarios Maiores e da Comision Mixta RTVG-Bispos da Comunidade Autónoma de Galicia. Escribiu: Primado y Episcopado, Sois el cuerpo de Cristo e artigos de teoloxía en revistas e xornais galegos. Colaborou, así mesmo, en O concilio Pastoral de Galicia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Publicou en San José de Costa Rica (1917) a obra La cuadratura del círculo y de la elíptica de forma plana y plano-cúbica, y de forma esférica y esférico-elíptica. Geometría matemática al alcance de todos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Uzbequistán, capital da oblast de Andizan (313.000 h [1995]). Centro agrícola do val de Fergana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast de Uzbequistán (4.200 km2; 1.899.000 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fungo dos xéneros Boletus, Leccinum, Gyroporus, Suillus ou Xerocomus, que pertence á orde dos boletais. Cogomelo carnoso, que pode acadar os 25 cm de diámetro, de cor castaña e co himenio formado por tubos rematados en poros. Entre as andoas existen algúnhas especies moi apreciadas na gastronomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da rexión de Gipuzkoa, Euskadi, na confluencia do Oria co Leizarán (14.540 h [1996]). A súa economía baséase no sector agrícola (árbores froiteiras) e, sobre todo, industrial (industrias mecánicas, electrónica, armamentística, papel, material plástico). Cómpre salientar a presenza dunha central eléctrica neste territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Orador atenense. Exiliado de Atenas, refutou a acusación de impiedade no discurso Sobre os misterios (399 a C). Atribúenselle tamén os discursos Sobre o retorno e Sobre a paz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tordoia baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada na parroquia de Rechaba (Tordoia). Foi asaltada repetidas veces na procura de tesouros, polo que na actualidade está mal conservada; sen embargo, a partir do estudo do enxoval (pedras elaboradas segundo modelos de metal) descuberto na mámoa, sábese que pertence ao Megalitismo final.

    VER O DETALLE DO TERMO