Andión Marán, Xulio

Andión Marán, Xulio

Doutor en Teoloxía, licenciado en Filosofía e diplomado en Técnicas Educativas. Profesor no Seminario Maior San Xosé de Vigo e no Seminario Menor de Tui (centros nos que tamén é rector), no Instituto Teolóxico Compostelán, na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Vigo e no Instituto Superior de Ciencias Relixiosas San Agustín. Delegado episcopal de apostolado segrar, delegado de pastoral universitaria e delegado episcopal de diversos medios de comunicación. Durante vinte e un anos formou parte do equipo de pastoral do Secretariado Nacional de Formación Profesional da Comisión de Ensino da Conferencia Episcopal Española. Foi membro do consello de prebisterio de Tui-Vigo, do Consello Nacional de Rectores de Seminarios Maiores e da Comision Mixta RTVG-Bispos da Comunidade Autónoma de Galicia. Escribiu: Primado y Episcopado, Sois el cuerpo de Cristo e artigos de teoloxía en revistas e xornais galegos. Colaborou, así mesmo, en O concilio Pastoral de Galicia e no Leccionario en galego.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Arcos da Condesa, Caldas de Reis