"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Que ou quen marca gol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marcar goles, especialmente en gran cantidade, ao equipo contrario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Levantar a voz máis do necesario.

    2. Chamar a alguén con grandes voces.

    3. Falar sen discreción de algo que se debería calar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar un ou máis golpes unha cousa ou persoa con algo.

    2. Dar un ou máis golpes contra algo ou alguén.

    3. Sufrir algo ou alguén un ou varios golpes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Corgo. É unha construción románica (s XII) e ten nave rectangular e ábsida semicircular cun tramo recto e outro curvo. A nave ten cuberta de madeira e a ábsida está cuberta cunha bovéda de canón e de cuarteiróns. O arco triunfal é semicircular e de aresta dobre. No exterior destaca a porta N, formada por un arco de medio punto, oculto por un tímpano liso en forma de lintel, que descansa directamente sobre as xambas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista oficial da corte portuguesa. Exerceu o seu labor durante o reinado de Afonso V e escribiu a terceira parte da Crónica de D. João I (1450), tamén titulada Crónica da tomada de Ceuta, obra iniciada por Fernão Lopes. Ademais compuxo diversas crónicas de persoeiros nobres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e político. Membro da Federación Republicana Gallega (FRG), foi elixido deputado en 1931. Ministro de Industria e Comercio (12.9.1933-8.10.1933), foi detido e encarcerado tras iniciarse a Guerra Civil. Emigrou a Bos Aires en 1951, aínda que regresou en 1952. Foi membro das Irmandades da Fala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador e rico-home portugués. O conflito orixinado pola sucesión ao trono portugués motivou que, sendo partidario de Sancho II, tivese que marchar cara a Castela, onde entraría en contacto cos trobadores Pero Garcia d’Ambroa, Pedr’Amigo de Sevilha, Pero Gomez Barroso, Johan Baveca ou Afons’Eanes do Coton, cos que conformaría o círculo dedicado á soldadeira María Balteira. O seu corpus lírico componse de 17 cantigas, 8 de escarnio e 9 de amigo, conservadas no cancioneiro V, mentres que o B apenas transmite as de amigo; ademais, a Tavola Colocciana atribúelle 15 cantigas de amor non conservadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor francés. Coñecido como o Cardeal de Retz, participou activamente na conxura do conde de Soissons contra Richelieu (1641) e nas revoltas da Fronda (1648-1649), nas que organizou o rexemento de Corinto. En marzo de 1652 recibiu o arcebispado de París, ao que renunciou, e un ano máis tarde foi elixido cardeal. Apresado por Luís XIV por causa das súas continuas intrigas, conseguiu fuxir e refuxiarse en Roma, onde se enfrontou ao papa ao apoiar os xansenistas. De volta a Francia (1661), recibiu o perdón real, renunciou ao seu cargo (1662) e retirouse á abadía de Saint Denis. Das súas obras destacan Histoire de la conjuration de Fiesque (1636) e Mémoires (1655).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e teórico italiano. Tomou o nome de Andrea Palladio en honor de Palas Atenea (Pallade Atena). En Vicenza traballou con Gian Giorgio Trissino, o seu protector, que o levou a Roma, onde estudiou os tratados clásicos e os monumentos clásicos e da súa época. Regresou a Vicenza en 1546, onde construíu, entre outros, os palacios della Ragione e Chiericati, as vilas Capra, coñecida como La Rotonda (1550-1552), e Barbaro en Maser, as igrexas de San Giorgio Maggiore (1565-1580) e Il Redentore (1576-1592), amais do Teatro Olimpico, iniciado en 1580. Fixo unha interpretación dos modelos clásicos que creou unha escola, o palladianismo, e influíu no neoclasicismo. Escribiu Le antichità di Roma (1554) e o tratado teórico I quattro libri dell’architettura (1570).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Derramo de líquido seminal. Antano críase que o derramo do mucus uretral era unha perda de esperma, e por iso a palabra aínda se emprega, impropiamente, como sinónimo de blenorraxia.

    2. Infección bacteriana que se produce pola bacteria Neisseria gonorrhoeae que invade a mucosa do tracto uroxenital. Inclúese dentro das enfermidades de transmisión sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Doutor en Ciencias Políticas, foi secretario xeral do Instituto de la Opinión Pública (1963-1969). Exerceu a docencia como catedrático de Socioloxía na Universidad de Málaga e na Universidad Complutense de Madrid, da que foi decano (1971). Participou na creación do Partido Socialdemócrata, co que se integrou na UCD (1977). Foi senador por Ourense na lexislatura Constituínte e deputado por Pontevedra no Congreso na I lexislatura (1979-1982). Presidente e fundador de Cambio 16 e Diario 16, director da Revista Española de Opinión Pública e da Revista de Estudios Sociales, das súas obras destacan Opinión Pública y Comunicación de Masas (1969) e La década del cambio (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cóengo de Santiago de Compostela. Exerceu durante os pontificados de Berenguel de Landoira, Xoán Fernández de Limia e Martiño Fernández de Gres. Foi soterrado na capela de Santa María da Corticela na catedral de Santiago de Compostela. Na parte inferior do sepulcro destaca unha lenda flanqueada por dous emblemas distintivos da familia dos Becerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estatístico inglés. Coñecido como Student, traballou na destilería Guiness, onde desenvolveu procedementos estatísticos novos como a lei de Student.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caer un líquido gota a gota.

    2. Deixar algo caer gotas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista estadounidense. Estudiou en París e destacou polo seu virtuosismo e polo carácter romántico das pezas de piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Esculpiu os baixorrelevos do trascoro de Saint-Germain-l’Auxerrois. Desde 1544 colaborou con P. Lescot. Foi escultor de Enrique II e realizou os relevos de As catro estacións para o Hôtel Carnavalet, a Fonte dos Inocentes (1549), os relevos da fachada e as catro cariátides da Galería dos Músicos do Louvre e os Signos do Zodíaco, nun salón da antiga casa da cidade de París (1555).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista francés, señor de Gournay. Dedicado ao ensino, propugnou a liberalización da industria e a supresión das regulamentacións e dos monopolios. Atribuíuselle a frase “Laissez faire, laissez passer, le monde va de lui-même”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galego-portuguesa que trae por armas un escudo partido: primeira partición, en campo de prata, cun león rampante, de púrpura; segunda partición, en campo de azul, con tres vieiras de prata, postas en pao, superadas por cadansúa flor de lis, de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO